Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa Galicia de XCM regresa este domingo en Piñor

23 DE SEPTIEMBRE DE 2025

O IV XCM Audi Selection Plus exerce de segunda xornada puntuable. A III BTT Ruta da Prata ofrece unha alternativa cicloturista.

A-Copa-Galicia-de-XCM-regresa-este-domingo-en-Pinor

Dobre cita coa bicicleta de montaña este domingo no concello ourensán de Piñor. A nivel competitivo celébrase o IV XCM Audi Selection Plus, segunda proba puntuable para a Copa Galicia de BTT Maratón, e como alternativa cicloturista o Club Ciclista Ourense Termal organiza a III BTT Ruta da Prata. O prazo para inscribirse neste dous eventos conclúe este mércores ás 23:59 horas.

Despois de arrancar o 8 de xuño na Xurés Bike Tour, o certame autonómico de XCM regresa cun percorrido de 70 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo acumulado no IV XCM Audi Selection Plus - Concello de Piñor. Entre as atraccións deste desafío está a presenza do biker sub-23 carballiñés Alejandro García (Mondraker) despois da súa participación no Mundial de XCO. Fai click nesta ligazón para apuntarte 

imagen

Ás 9:30 horas tamén está fixado o inicio da marcha BTT Ruta da Prata. Esta proposta cicloturista ofrece un itinerario de 45 km e 830 metros de desnivel positivo acumulado. Fai click nesta ligazón para apuntarte 

imagen

A presentación das dúas probas tivo lugar no concesionario Apersa Audi Selection Plus de Ourense. O acto contou coa presenza de Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; José Luis González, alcalde de Piñor; Marcos Rodríguez Fernández, director comercial de Apersa Approved; e Daniel Rodríguez e Iván Fernández, do Club Ciclista Ourense Termal. 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es