Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño

13 DE SEPTIEMBRE DE 2021

O evento organizado polo Máster da Louriña e o Avanza regresou formando parte do calendario estatal Elite-Sub23 e do das Copas Galicia de Estrada

A-festa-nocturna-do-ciclismo-volveu-a-O-Porrino-

Fotos: Miguel Borrás

Unha cita clásica e diferente pechou o pasado venres a paréntese provocada pola crise sanitaria da COVID. O Porriño recuperou La Nocturna despois de non celebrarse no 2020. O evento organizado polo Máster da Louriña e a AD Avanza reuniu a todas as categorías do ciclismo de estrada no tradicional circuíto polas rúas do centro. 

Foi un regreso por todo o alto, coas carreiras Elite-Sub23 estreándose no calendario da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). Na competición feminina venceu a elite local María Jesús Barros (Spol) por diante de dúas corredoras dun dos clubs anfitrións: María Jesús Coya e Marta Barbeito, ambas do Lasal Cocinas-Louriña. Entre as sub23 rematou primeira Sabela Rey (Team Farto-BTC). 

Na proba raíña masculina, tamén disputada co formato de eliminación, o maillot do Vigo-Rías Baixas brillou na noite porriñesa cos seus corredores Miguel Ángel Fernández e Noel Martín entrando na liña de meta collidos da man. Os dous representantes do conxunto olívico foron os últimos superviventes nunha carreira na que o terceiro posto elite correspondeu a Daniel López Parada (Cambre). Iván Días (Lasal Cocinas-Louriña) fíxose co primeiro posto nos sub23. 

En canto ás categorías nas que había en xogo puntos para as Copas Galicia de Estrada, Carla Guisande (Lasal Cocinas-Louriña) e Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas) impuxéronse nas carreiras juniors, mentres que Lara Fuentes (Cambre) e Víctor Lozano (Farto) triunfaron nas clasificacións cadetes. 

No resto de grupos de idade subiron ao máis alto do podio Vera Rodríguez (Avanza) e Anxo Fernández (Avanza) en Promesas; Saray Álvarez e Mateo Rodríguez (O Rosal) en Principiantes; Antía Torres (Teis) e Lucas Lozano (Farto) en Alevíns; Lorena Patiño (Farto) e Diego López (Compostelano) en Infantís; Samuel García (Norinver) nos Máster-30; Rocío Rey (Máster da Louriña) e Juan José Álvarez (Lasal Cocinas-Louriña) en Máster-40; Manuel Vázquez (Norinver) nos Máster-50; e Amante Campo (Lasal Cocinas-Louriña) nos Máster-60. 

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
A festa nocturna do ciclismo volveu a O Porriño
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es