Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Barros, Belmonte, Mira, Pombo e Patiño logran os títulos autonómicos de estrada en Betanzos

24 DE SEPTIEMBRE DE 2022

A subida ao Galibier marcou a resolución nas cinco categorías do Campionato de Galicia de Fondo

Barros-Belmonte-Mira-Pombo-e-Patino-logran-os-titulos-autonomicos-de-estrada-en-Betanzos

Fotos: Luz Iglesias

Na última fin de semana de competición do seu calendario de estrada o ciclismo galego actualizou este sábado en Betanzos a súa nómina de campións en cinco categorías. A elite María Jesús Barros (Team Oiense Women), o júnior Iván Belmonte (Padronés-Cortizo), a júnior Laura Mira (Supermercados Froiz), o cadete Tomás Pombo (Padronés-Cortizo) e a cadete Lorena Patiño (Compostelano-Muebles Compostela) fixéronse cos títulos de fondo en xogo. O alto de Velouzás, coñecido popularmente como o Galibier, marcou a resolución de todas as carreiras.

O Club Ciclista Betanzos volveu exercer de perfecto anfitrión, catro meses despois de organizar o Campionato de Galicia Elite-Sub23 masculino, e nesta ocasión deseñou tres percorridos adaptados ás categorías. En todas as distancias o cumio do único porto de montaña da xornada atopábase a 7 quilómetros da liña de meta. 

O programa de carreiras abriuse coa cadete masculina, de 64 km. Tomás Pombo defendía título e revalidouno. O corredor de Carballo seleccionou a carreira no Galibier e a súa roda conseguírona seguir tres corredores. A vitoria decidiuse nuns últimos metros que picaban para arriba, onde o ciclista do Padronés-Cortizo impúxose por diante de Alejandro Crende (Cidade de Lugo-My Bike) e Diego López (Cambre), segundo e terceiro respectivamente. O cuarteto pechouno Lois de Jesús (Teis).

A formación de Padrón tamén se fixo co triunfo na proba júnior, a máis longa do día (100 km). O pontevedrés Iván Belmonte acabou rematando o traballo realizado polo seu equipo, que tivo que anular unha escapada de catro corredores que chegou a contar cunha vantaxe de 1 minuto e 30 segundos. O pelotón botouse enriba da fuga nas ramplas do Galibier, unha subida na que o gañador se marchou na compaña de Iago Carou (Jealsa-Barbanza), a quen bateu na liña de meta da praza Irmáns García Naveira. A 17" dos dous primeiros finalizou o asturiano Jorge Díaz (Patria Hispana), 13" máis tarde concluíu o vallisoletano Iván Polo (Eolo Kometa) e quinto Ricardo Buba (Drone Hopper-Gsport), que completou o podio do Campionato de Galicia.

Carreira feminina

As tres categorías femininas que pugnaron polos títulos autonómicos compartiron pelotón. As juniors e as elites arrancaron primeiro, xunto ás masters, para cubrir 64 km e á altura do quilómetro 18 uníronselles as cadetes. 

Nas elites María Jesús Barros recuperou a coroa autonómica. A corredora que a superou o ano pasado en Baños de Molgas, Aida García (BTT Trotacumes), foi a única que aguantou o ritmo da porriñesa. As dúas intercambiaron ataques no Galibier, pero ningunha conseguiu descolgar definitivamente á outra e a categoría raíña resolveuse nas rúas de Betanzos coa ciclista do Team Oiense soltando de roda a súa rival e vencendo por 11" de diferenza. Eva Ortega (Extol) ocupou o terceiro chanzo de podio.

As outras dúas categorías femininas tamén teñen novas campioas. A porriñesa Laura Mira (Supermercados Froiz) adxudicouse a vitoria júnior ante Carmen Mallo (Cambre Caeiro) e a formación alimenticia logrou unha segunda presenza no caixón xuvenil por medio de Uxía Soto. 

En canto ás cadetes, Lorena Patiño presentouse en solitario no centro de Betanzos. A marinense do Compostelano avantaxou en 1:33 a Lara Fuentes (Cambre) e a medalla de bronce acadouna Xiana Camiña (Avanza-O Porriño). A local Lucía Ballester (Club Ciclista Betanzos) fixo cuarta. 

Unha xornada de ciclismo que se prolongou durante oito horas pechouse coa entrega de premios á que asistiron María Barral, alcaldesa de Betanzos; Andrés Hermida, concelleiro de Deportes; Santiago Franco, concelleiro de Deportes de Bergondo; Alberto Ballester, presidente do Club Ciclista Betanzos; José Ventosa, socio de honra do Club Ciclista Betanzos; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego (FCG); e Óscar Sánchez, directivo da FCG.

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es