Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Cerceda acollerá o 17 de maio o Campionato de Galicia CRI

10 DE MAYO DE 2023

A contra o reloxo terá un percorrido de 19 quilómetros

Cerceda-acollera-o-17-de-maio-o-Campionato-de-Galicia-CRI

O Concello de Cerceda presentou esta mañá o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual que se celebrará o vindeiro 17 de maio.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Suso Rama, e Jacobo Ucha, técnico da Federación Ciclismo Galego, presentaron a proba esta mañá no Salón de Plenos do Consistorio.

O circuíto terá unha lonxitude de 19 quilómetros, con saída na praza do Campo da Feira e desenvolvemento durante a AC-400 ata A Silva, ida e volta. Outorgaranse 12 títulos autonómicos ao finalizar a mesma, nas categorías de ciclismo adaptado, elite sub-23, júnior, cadete e máster feminina. Esta proba xa tivera lugar no municipio no ano 2018.

Juan Manuel Rodríguez, rexedor de Cerceda, subliñou que “se trata dun evento deportivo de relevancia autonómica que se vén a sumar a moitos outros que se celebran en Cerceda, e que contribúe a difundir a imaxe do noso concello, trasladalas a outros lugares e aportar os valores propios do deporte”.

Pola súa banda, Jacobo Ucha, técnico da Federación Ciclismo Galego, quixo agradecer “a acollida do Concello de Cerceda, nun circuíto que nos gusta moito e temos moitas ganas de que chegue o día 17”.

Preme aquí para inscribirte 

Fonte: Concello de Cerceda 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es