Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Carlos Canal confírmase como un dos corredores con máis proxección do ciclismo europeo

31 DE MAYO DE 2023

O limiao rematou undécimo na xeral do Orlen Nations Grand Prix, proba da Nations Cup Sub23

Carlos-Canal-confirmase-como-un-dos-corredores-con-mais-proxeccion-do-ciclismo-europeo

Acadando un podio, un cuarto posto e a undécima praza na xeral, Carlos Canal liderou a España no Orlen Nations Grand Prix. O corredor de Xinzo de Limia foi un dos nomes propios da carreira que percorreu Hungría, Eslovaquia e finalizou o pasado domingo en Polonia. Nunha proba do calendario da Nations Cup Sub23, o ourensán confirmouse como unha das grandes promesas do ciclismo europeo.

Despois de subir ao terceira chanzo do podio na terceira e antepenúltima etapa, ao día seguinte o limiao de 21 ano volveu estar metido de cheo na loita pola vitoria. No esprint na localidade polaca de Nowy Sacz fixo cuarto por detrás do gañador Robert Donaldson (Gran Bretaña) e de Lukas Nerurkar (Gran Bretaña) e de Francesco Bussato (Italia). 

O Orlen Nations Grand Prix resolveuse o domingo en Arlamow, preto da fronteira polaca con Ucraína, cunha chegada en subida na que os dous últimos quilómetros presentaban un desnivel medio do 6,1%. Malia sufrir unha caída, Canal conseguiu ascender catro postos na xeral e concluír undécimo, a 1'08" do gañador desta rolda por etapas, o esloveno Gal Glivar. A selección española dirixida por Mike Zabala obtivo a segunda praza por equipos, sendo o galego do Euskaltel-Euskadi o seu mellor clasificado.  

Clasificacións

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es