Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Ribadeo estreouse na Copa Galicia Máster cun esprint agonónico e vitoria de Mesneiro

19 DE MARZO DE 2024

O máster-40 do Aerodynamics impúxose na apertura do certame autonómico

Ribadeo-estreouse-na-Copa-Galicia-Master-cun-esprint-agononico-e-vitoria-de-Mesneiro

Foto: Alberto Álvarez

A Copa Galicia Máster 2024 de Estrada abriu o seu calendario cunha proba que chegou para quedarse. O Trofeo Vila de Ribadeo deixou este domingo un sensacional sabor de boca na súa primeira edición. Na Mariña Lucense, nun dos puntos nos que a nosa comunidade e Asturias danse a man, un corredor do Principado foi o máis forte no agónico esprint co que se resolveron os 77 quilómetros de percorrido. 

Jose Ignacio Méndez, máis coñecido como Mesneiro, fixo valer a súa potencia e experiencia na liña de meta do Parque de San Francisco, un final que picaba para arriba. O máster-40 liderou a gran xornada do Aerodynamics Academy Cycling, que se adxudicou a vitoria en dous grupos de idade e na clasificación por equipos. Os primeiros líderes deste certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego recibiron unhas camisolas especiais, as que conmemoran a celebración do Campionato de Europa de Ciclocrós o vindeiro mes de novembro en Pontevedra.

imagen 

A estrea da carreira organizada polo Club Ciclista Eo alcanzou unha importante cifra de participación. Foron 140 corredores os que tomaron a saída no mesmo punto onde 1 hora e case 50 minutos despois ía ter lugar un emocionante desenlance. O pelotón rodou moi rápido e a previsible 'volata' estivo a piques de evitala unha escapada de catro ciclistas. A súa aventura rematou a piques de entrar no último quilómetro. Devoráronos os velocistas, lanzados nun final que non era para esprinters puros. Mesneiro soubo xestionalo á perfección para lograr o triunfo absoluto por diante doutros tres máster-40. Iván Treceño (Casa Suncia) fixo segundo, Mikel Núñez (Lasal Cocinas - Louriña) entrou terceiro e Francisco Javier Iglesias (Aerodynamics), cuarto. 

Os outros dous maillots de líderes obtivéronos Gustavo Santiago (Ciclismo-Triatlon Poio, o mellor máster-30 nunha axustada pugna con Aquiles Sordo (Caimanes Betanzos, e o máster-50 Juan Manuel Toribio (Aerodynamics), primeiro nos máster-50/60 co mesmo tempo que José María Tajes (Norinver). José Carlos Riol (ADO Moure) liderou a táboa específica dos máster-60. 

A entrega de premios contou coa presenza de Daniel Vega, alcalde de Ribadeo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; Montse Seijo, concelleira de Seguridade; Iván López, técnico municipal de Deportes; Manolo Cadramón, xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia; César Lage, delegado da Federación Ciclismo Galego (FCG) na provincia de Lugo; e representantes do C.C. EO.

imagen

Sen cambiar de provincia, a Copa Galicia vivirá a segunda das súas catro citas desta campaña na Volta a Lugo Máster. A etapa inaugural da rolda organizada polo C.C. Chantadino, na mañá do sábado 6 de abril en O Saviñao, porá puntos en xogos para as clasificacións xerais. 

Toda a información sobre este certame podes atopala nas redes sociais a través do hashtag #CopaGaliciaMáster24 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.

Clasificación

GALERÍA DE FOTOS

Ribadeo estreouse na Copa Galicia Máster cun esprint agonónico e vitoria de Mesneiro
Ribadeo estreouse na Copa Galicia Máster cun esprint agonónico e vitoria de Mesneiro
Ribadeo estreouse na Copa Galicia Máster cun esprint agonónico e vitoria de Mesneiro
Ribadeo estreouse na Copa Galicia Máster cun esprint agonónico e vitoria de Mesneiro
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es