Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pontevedra dá continuidade este domingo á Copa de Espana feminina Cofidis

21 DE MARZO DE 2024

O Gran Premio Cidade de Pontevedra agarda a chegada de preto de 400 ciclistas

Pontevedra-da-continuidade-este-domingo-a-Copa-de-Espana-feminina-Cofidis

Este domingo, a Copa de España Féminas Cofidis 2024 desprázase a terras galegas para vivir o Gran Premio Cidade de Pontevedra, terceira proba puntuable da competición estatal, que disputa a súa cuarta edición consecutiva dentro do certame e que está organizada por Noko 360 Sports Consulting.

A partir das 9:00 horas, as cadetes serán as primeiras en tomar a saída desde a Avenida das Corvaceas para afrontar un percorrido de 44,2 quilómetros coa ascensión ao Alto de Porteliña como punto álxido da proba. A continuación, ás 10:30 horas, as categorías júnior e máster percorrerán os 65,4 quilómetros, con tamén o paso pola cota puntuable, fixada a 11 quilómetros da meta. A categoría elite/sub23 comezará a competición ás 12:30 horas, sobre un percorrido xa clásico de 88,4 quilómetros, cunha dobre ascensión ao Alto de Porteliña, que co seu máis dun quilómetro de lonxitude e unha pendente de 6,4 % pode dinamitar a carreira a escasos quilómetros para a meta.

imagen

A mallorquina Nuria Tauler chega á localidade galega como líder da competición, onde ademais estará presente a rusa sub-23 Valeria Valgonen, gañadora en Beasain, unha rival clave para vixiar polo pelotón. Tamén estará presente o bloque do Eneicat, con Angie Londoño e Isabel Martín, segunda e terceira da xeral, e que serán arroupadas por corredoras como Alessia Bulleri ou Irene Méndez. O Massi Baix Ter espera tamén realizar un bo papel, con Susana Pérez, gañadora en Pontevedra en 2021 e segunda clasificada en Beasain, Paula Blasi ou Ainara Albert. Pola súa banda, o Río Miera chega a Pontevedra con Mariña Garau como principal espada, xunto coas tamén sub23 Beatriz Pereira ou Beatriz Roxo. Do mesmo xeito que o Vipeq, con Daria Fomina e Estefanía Jiménez, que veñen de realizar un bo papel nas dúas pasadas citas.

imagen

Entre as júnior, a corredora do UPV Revetria Agazzi defenderá o seu liderado conseguido en Beasain, ante corredoras da talla de Leyre Almena, Irati Aranguren, Izaro Etxarri, Ayala Serrano ou Esmeralda Racionero. Pola súa banda, en cadete, a santiaguesa Alejandra Neira (Cambre) chega a Pontevedra como líder da competición, e en fronte terá a unha das grandes favoritas, a valisoletana Lida Castro, vencedora en Beasain.

Fonte: RFEC

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es