Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Festa do Picusa Academy no peche da Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe'

24 DE MARZO DE 2024

Enrique Maranchón venceu en A Pobra do Caramiñal e Héctor Celda apuntouse a xeral

Festa-do-Picusa-Academy-no-peche-da-Challenge-Volta-O-Barbanza-A-Orixe

Fotos: Asier Torrado

Dobre triunfo para o Picusa Academy na xornada final da Challenge Volta O Barbanza 'A Orixe' coa vitoria en solitario tras un ataque nos últimos 20 quilómetros de Enrique Maranchón e o bo papel de Héctor Celda, segundo onte, para conseguir a clasificación xeral.

Arrincaba esta segunda xornada na Pobra de Caramiñal cun forte ritmo buscando a primeira Meta Volante da xornada en Ribeira. Alí impoñíase Marcos Freire (Bathco), anticipando a súa vitoria nesta clasificación. Os ataques e contraataques, sempre co forte ritmo do Picusa Academy, provocaron un corte de 40 corredores na subida a Xaras pero non houbo entendemento.

Na primeira ascensión ao Alto de Moldes, o pelotón xogábase os puntos da Montaña con Tomás Pombo (Cortizo) como primeiro clasificado. A carreira seguía unificada e o propio Freire conquistaba tamén a segunda Meta Volante de Ribeira.

Foi entón cando saltou desde o grupo do líder Santiago Agüero (Cidade de Lugo), con máis de 40 segundos de vantaxe. Unha renda que tratou de xestionar pero que o movemento definitivo neutralizou. Saltou primeiro Enrique Maranchón (Picusa Academy), tratoulle de seguir Guilherme Lino (Landeiro KTM), pero o valenciano fixo camiño en solitario superando o minuto de renda.

O propio líder Emilio García poñía ritmo xunto aos restantes compañeiros do Maguisa, consciente da importancia de controlar a carreira. Saltaba todo polo aire na subida final a Moldes con grupos practicamente dun nun. Ninguén conseguía achegarse a un Maranchón que triunfaba en solitario. Na pelexa polos postos de honra, que copaba o Picusa Academy, non entraba García, sen poder reter unha camisola de líder que conquistou Héctor Celda nun gran día para o seu equipo.

No podio, recolleu o premio como vencedor da segunda etapa Enrique Maranchón (Picusa Academy); o gañador final, patrocinado pola Mancomunidade Barbanza Arousa, foi Héctor Celda (Picusa Academy); a camisola da Montaña patrocinador polo Concello de Boiro corresponde a Tomás Pombo (Cortizo); a camisola verde das Metas Volantes patrocinado polo Concello de Rianxo conquistouno Marcos Freire (Bathco); o mellor galego patrocinado polo Concello de A Pobra do Caramiñal corresponde a Tomás Pombo (Cortizo); mentres que o mellor ciclista de primeiro ano patrocinado polo Concello de Ribeira foi Enrique Maranchón (Picusa).

imagen

Estiveron presentes no corte de cinta Fátima Cachafeiro, xerente de Barbanza Arousa; Jose Carlos Vidal, alcalde de A Pobra do Caramiñal; Eloy Sobrido, concelleiro de Deportes; Ricardo Riveiro, presidente do Club Ciclista Barbanza e Óscar Sánchez, directivo da Federación Ciclismo Galego. Na entrega de premios estivo ademais Tania Redondo, concelleira de Ribeira.

A terceira edición da proba saíu adiante grazas ao patrocinio da Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Poderase seguir a carreira a través de Twitter cos hashtag #Barbanzarousa e #ChallengeBarbanzaAOrixe. Más información en www.barbanzarousa.gal

Clasificacións

Fonte: El Pelotón

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es