Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra

26 DE MARZO DE 2024

A santiaguesa do Cambre rematou segunda, o mellor resultado galego da xornada

Alejandra-Neira-conserva-o-liderado-cadete-da-Copa-de-Espana-no-Gran-Premio-Cidade-de-Pontevedra

Fotos: RFEC

Por cuarto ano consecutivo o espectáculo da Copa de España feminina Cofidis rodou á beira da ría de Pontevedra. Nunha mañá solleira de primaveras, a emoción mantívose nas tres carreiras ata a liña de meta e unha corredora galega conservou a camisola de líder do certame estatal de Estrada. A santiaguesa Alejandra Neira (Cambre) rematou segunda este domingo no Gran Premio Cidade de Pontevedra e continúa ao mando da xeral cadete. 

A proba organizada por Noko 360 Sports Consulting, terceira cita no calendario da Copa de España, repetiu o seu xa habitual percorrido co Alto da Porteliña como punto máis selectivo. As cadetes tiveron que ascendelo nunha ocasión e nas ramplas do porto marinense volveuse vivir o man a man da fin de semana anterior en Beasain. Alejandra Neira e Lidia Castro (Río Miera) marcháronse xuntas e o seu bo entendemento permitiulles distanciarse en máis de medio minuto do pelotón. Despois de 44 quilómetros de competición, a vitoria decidiuse nas rúas de Pontevedra e ao igual que en terras vascas impúxose a ciclista castelá-leonesa. 

Cun pleno de segundos postos no que vai de campaña, a corredora do Cambre lidera a xeral con 42 puntos de marxe respecto a Lidia Castro. O podio cadete na capital das Rías Baixas completouno a catalá Adriana Vargas (Baix Ter), dando tempo ao grupo principal que finalizou a 39 segundos da gañadora e do que formaron parte dúas galegas: Irene Signo (TenerifeBikePoint) ocupou a 19ª praza e Alba Cochón (Poio Bike), a 21ª.

imagen 

A máster-40 canaria Montserrat Pereira (La Carloteña) venceu en solitario na segunda carreira, de 65 km, con 1'06 de marxe sobre o pelotón das juniors. A 'volata' polo triunfo xuvenil dominouna a valenciana Leyre Almena (Río Miera) e nese grupo de máis de 50 corredoras Xiana Camiña (Becani) asinou a duodécima posición júnior, Lorena Patiño (XSM) a décimo quinta, Lara Fuentes (Cambre) a décimo oitava, Marta Estévez (XSM) a 29ª e Aroa Otero (Supermercados Froiz) a 35ª.

Por último, a proba elite e sub-23 tivo como gran triunfadora a Irene Méndez (Eneicat) ao remate do percorrido de 88 km. A elite murciana atacou na segunda e derradeira ascensión ao Alto da Porteliña xunto á surafricana Maud Elanie (Canyon). Nun desenlace agónico, a española soltou a súa acompañante dentro do último quilómetro para erguer os brazos con só 3" de vantaxe sobre o pelotón. A primeira galega foi Andrea Prado (Team Farto), 62ª a 5'29 da vencedora.

imagen

O calendario desta Copa de España entra agora nunha paréntese e as súas tres últimas carreiras disputaranse no mes de xuño. A primeira delas será o Trofeo Ayuntamiento de Estella, o día 8 nas estradas navarras. 

Máis información e clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
Alejandra Neira conserva o liderado cadete da Copa de España no Gran Premio Cidade de Pontevedra
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es