Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Comarca Brigantina acolle o 29 de marzo a proba máis especial da Copa de España Féminas

12 DE MARZO DE 2025

O Club Ciclista Betanzos aposta pola organización da terceira carreira puntuable. As localidades coruñesas de Betanzos, Bergondo e Paderne propoñen un percorrido que inclúe un dos finais máis espectaculares do certame

A-Comarca-Brigantina-acolle-o-29-de-marzo-a-proba-mais-especial-da-Copa-de-Espana-Feminas-

O próximo 29 de marzo, a Comarca Brigantina converterase no epicentro do ciclismo feminino estatal, coa disputa da Copa de España nas categorías cadete, xuvenil, máster e elite sub-23. Tres mangas que ocuparán toda a mañá con competición para o goce dos afeccionados.

Ás 9:00 horas poñerase en marcha a proba cadete, con 30,7 quilómetros a través de Betanzos, Bergondo e Paderne con dúas voltas ao circuíto e un desnivel acumulado de 340 metros. Posteriormente, as junior e máster disputarán 46,8 km con tres voltas ao mesmo circuíto e 520 metros de desnivel acumulado.

imagen

A proba raíña iniciarase ás 12:30 horas con 73 km que inclúen tres voltas ao circuíto engadidas a outra volta de 25 km que engade a ascensión a O Galibier, unha subida de 3,7 km ao 5’3% e acumula 930 metros de desnivel positivo para a manga final. En total, agárdase a participación de máis de 300 corredoras dos mellores equipos españois.

Patrocinan e colaboran coa organización da Copa de España Comarca Brigantina o Concello de Betanzos, GADIS, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Becani Soluciones Industriales, Pulidos Prado, Ineltrón, Grelo, Canlemar, Oxidine, Bropemor, Olipes, Betanzos Autocenter, Metal Work, Porto de Paula, Visami, Vilar do Colo, Talleres González, Automoción Fene e os vehículos oficiais Hyundai / Finisterre Motor.

Fonte: El Pelotón

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es