Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Irene Trabazo e Samuel González impoñen a lei Elite na apertura da Copa Galicia en Betanzos

21 DE OCTUBRE DE 2023

Trece ciclocrosistas vestíronse de líderes no Parque do Pasatempo

Irene-Trabazo-e-Samuel-Gonzalez-imponen-a-lei-Elite-na-apertura-da-Copa-Galicia-en-Betanzos

Fotos: Luz Iglesias

A primeira das dez citas da Copa Galicia de Ciclocrós 2023 tivo lugar este sábado na localidade coruñesa de Betanzos. Na apertura dunha fin de semana de carreiras que se completará este domingo en Ferrol, dous especialistas da categoría Elite dominaron as quendas raíñas. Irene Trabazo (XSM) e Samuel González (Máis Que Bicis) venceron no Parque do Pasatempo e formaron parte da nómina de trece ciclistas que se vestiron de líderes. 

O evento organizado polo Caimanes Betanzos contou con 277 inscritos e por segundo ano consecutivo encargouse de abrir o calendario do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego. A diferenza da pasada campaña, cando se celebrara en horario nocturno, esta vez comezou ao mediodía. A manga inaugural da Copa Galicia CX protagonizárona os corredores cadetes masculinos, facéndose coa vitoria Raúl López, do conxunto cántabro Castañeda-Kia Numar Motor, con medio minuto de vantaxe respecto a Pedro Liaño (Caimanes), segundo despois dun emocionante man a man con Lucas Blanco (Cambre).

A segunda quenda estivo reservada a todas as categorías femininas. A elite Irene Trabazo superou por 1 minuto e 13 segundos á sub23 Laura Mira (Farto) no duelo entre dúas corredoras que no arranque da temporada acumularon postos de top-10 en probas puntuables a nivel internacional. O terceiro mellor rexistro entre as carreiras disputadas a catro voltas asinouno a júnior Marta Estévez (XSM). Un paso menos por meta deron as cadetes, con triunfo de Alejandra Neira (Cambre), e as máster-40, grupo de idade no que Rocío Blanco (A Forna) bateu por 12" a Montse Constenla (San Lázaro).

imagen

Un elite tamén impuxo a súa lei na competición estrela dentro do apartado masculino. Samuel González, gañador o ano pasado en Betanzos e na xeral da Copa Galicia, ergueu os brazos na liña de meta con 1:05 de marxe sobre o sub23 Gabriel Conde (Avanza-O Porriño). A emoción na última das seis voltas concentrouse na pugna pola terceira praza absoluta. O elite Luis Fernández Oliveira (Avanza-O Porriño) fixo valer a súa experiencia ante os sub23 Brais Fernández (Academia Postal-Maceda), Iván Saborido (Padronés-Cortizo) e Fabián Rodríguez (Cambre) -cuarto, quito e sexto, respectivamente-. Entre os juniors, carreira a catro voltas, o Caimanes Betanzos apuntouse como equipo anfitrión a primeira posición con Martín Díaz e a segunda por medio de Raúl Puelles. 

A sesión da tarde, reservada aos masters masculinos, tivo acento portugués. Dos catro grupos de idade, tres resolvéronse con triunfo dun corredor do conxunto luso Rompe Trilhos. Augusto Midao subiu ao máis alto do podio máster-30, Rogerio Matos emulou ao seu compatriota nos 40 e Antonio Passos adxudicouse a carreira dos 50. A única vitoria galega máster obtívoa Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) nos 60. Os trofeos e as maillots de líderes no Parque do Pasatempo entregáronos Ricardo Cheda, concelleiro de Deportes; representantes do club organizador; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Ciclismo Galego.

Val de Esmelle

Sen saír da Costa Ártabra, o certame autonómico continuará este domingo en Ferrol. O VII Ciclocrós Val de Esmelle reunirá a máis de 200 participantes dende as 9:30 h. A primeira carreira será a Máster-30/50/60. A continuación, ás 10:30 h, entrarán en escena os Máster-40 e ás 11:45 h chegará a proba dos rapaces da categoría Cadete. O Ciclocrós Inclusivo, nunha das súas citas desta temporada, pedirá paso ás 12:30 h, antes de que ás 12:45 h comece a quenda feminina e ás 13:45 h disputen a segunda xornada os Elite-Sub23 e Júnior. Do colofón encargarase o pelotón da promoción Infantil ao remate da competición raíña masculina. 

Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós podes atopala na súa sección dentro desta mesma páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaCX23.

Clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es