Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Únete ao equipo de Voluntarios do Campionato de Europa de Ciclocrós Pontevedra 2024

01 DE OCTUBRE DE 2024

Vive dende dentro unha cita histórica

unete-ao-equipo-de-Voluntarios-do-Campionato-de-Europa-de-Ciclocros-Pontevedra-2024

Detrás de cada selección, de cada carreira e de cada medalla hai outro equipo: o dos Voluntarios. Dentro dun mes, do 1 ao 3 de novembro, Pontevedra vibrará co Campionato de Europa 2024 de Ciclocrós. Unha cita histórica que podes vivir e desfrutar dende dentro como Voluntario.

No circuíto da Illa das Esculturas e noutros puntos da cidade, a carón dos mellores corredores do continente, o labor dos Voluntarios resulta esencial. Entre outras funcións encárganse de guiar, acoller e de axudar en todo o posible. Sente os nervios previos ás carreiras, a paixón da competición unha vez que se dá a saída, a ledicia dos gañadores unha vez que cruzan a liña de meta. O espectáculo de todo un Europeo está agardando por ti.

Un evento deste nivel internacional tamén ofrece a posibilidade de coñecer outras culturas e de practicar idiomas. Unha experiencia inesquecible. Non o dubides e únete como Voluntario ao CX Pontevedra 2024. 

Fai click nesta ligazón para apuntarte

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es