Facebook Twitter Youtube Instagram Español

As seleccións estatais presentan os seus mellores ciclocrosistas no Europeo de Pontevedra

29 DE OCTUBRE DE 2024

Os seis títulos en xogo nas categorías júnior, sub-23 e elite convocan á gran maioría de actuais campións do continente

As-seleccions-estatais-presentan-os-seus-mellores-ciclocrosistas-no-Europeo-de-Pontevedra

Este domingo 3 de novembro dispútanse as probas junior, sub-23 e elite tanto masculino como feminino na Illa das Esculturas. A pelexa das seleccións estatais por proclamar aos novos Campións de Europa terá un escenario espectacular cun circuíto que xa acollerá o venres as probas máster e o sábado o Team Relay.

185 ciclistas de 19 países participarán nas diferentes probas. Os seis títulos en xogo convocan á gran maioría de actuais campións do continente, buscando revalidar a súa camisola, así como aos mellores aspirantes coa ilusión de vestirse de Campións de Europa.

Na carreira elite masculina, espérase un novo capítulo do desafío entre os corredores belgas e holandeses. As dúas seleccións aliñarán na saída varios dos seus referentes, con mención especial ao español Felipe Orts que buscará o podio nun gran arranque da temporada. O equipo belga, ademais do vixente Campión de Europa Michael Vanthourenhout (tamén primeiro en 2022) contará cos ex campións de Europa Toon Aerts (2016) e Eli Iserbyt (2020), así como cos mozos Thibau Nys (fillo do mítico campión de CX, Sven Nys) e Niels Vandeputte. Lars van der Haar, gañador do primeiro título europeo elite en 2015 e campión de Europa en 2021, será o encargado de liderar o equipo holandés, no que tamén estarán Ryan Kamp e Pim Ronhaar.

imagen

A vixente campioa do mundo Fem van Empel (Países Baixos) e as súas compatriotas Lucinda Brand e Ceylin del Carmen Alvarado serán as estrelas da carreira feminina, xunto con Denise Betsema e Annemarie Worst, así como a belga Sanne Cant, a francesa Hélène Clauzel e a italiana Sara Casasola. A española Lucía González pelexará por un gran resultado nesta competición.

imagen

En sub-23, Jente Michiels (Bélxica), Marie Schreiber (Luxemburgo), Célia Grey (Francia) e Kristýna Zemanová (Chequia) serán as referencias. Os galegos Miguel Rodríguez e Tomás Pombo serán as referencias españolas. Para a proba feminina, Laura Mira e a galega Aroa Otero pelexarán polo título.

Entre os protagonistas previstos nas probas júnior figuran Kryštof Bažant (Chequia), os belgas Arthur Van Dean Boer, Mats Vanden Eynde, Giel Lejeune e o austriaco Valentin Hofer. En canto á representación española, os galegos Néstor Frías e Raúl Puelles estarán entre os participantes. A moza Anja Grossmann (Suíza) é a favorita en categoría junior feminina, pero terá a unha rival de moitísimo nivel como é a galega Lorena Patiño.

www.cxpontevedra.com

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es