20 DE NOVIEMBRE DE 2024
Foto: Concello de Ferrol
O concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, e o presidente do Club BTT Esmelle, Antonio Grandal, presentaron este martes a VIII edición do ciclocrós Val de Esmelle, que se celebrará o domingo 24 no Val de Esmelle. “Espérase que máis de 200 participantes se dean cita nesta sexta xornada da Copa Galicia de Ciclocrós, na VIII edición do ciclocrós Val de Esmelle”, adiantou o concelleiro. O prazo de inscricións finalizará este mércores ás 23.59 horas.
A competición comezará ás 10 horas e o punto de encontro é o anexo ao local da AVV Valle de Esmelle. Ás 10.00 horas están previstos o Máster-50 masculino, Máster-60 masculino e o Máster-30 masculino. Unha hora máis tarde o Máster-40 masculino, e ás 12.00 horas o podio das categoría disputadas. Ás 12.15 horas as probas cadete masculino - infantil masculino, ás 13.00 horas élite, sub 23 e júnior feminino; cadetes e infantil feminino e máster feminino. Arredor das dúas da tarde, competirán elite e sub 23 masculino, júnior masculino e, posteriormente, o podio destas categorías.
En canto aos premios, serán iguais tanto na categoría feminina elite e sub 23 como masculina elite e sub 23. Así o primeiro/a clasificado/a recibirán 100 euros cada un, os segundos 60 euros, os terceros 40 euros, os cuatros 30 euros e os quintos 15 euros.
A distancia será de 2.500 metros, o perfil é duro e haberá un máximo de cinco obstáculos artificiais (paso elevado, escaleiras, obstáculos, banco de area, dubis e furado).
Pola súa parte, o presidente do club BTT, Antonio Grandal, revelou que “é unha proba de ciclocrós na modalidade máis antiga de ciclismo e é a única que se celebra en Ferrolterra”.
Grandal invitou á cidadanía a asistir a esta competición, “é unha proba moi bonita para ver e disfrutar”, unha invitación que tamén fixo o concelleiro de Deportes, “estas probas son eventos moi chamativos e espectaculares polo volume de xente e loxística que moven, pero tamén pola vistosidade da competición, polo que convidamos á xente a acudir o domingo”.
Toda a información sobre a Copa Galicia de Ciclocrós está dispoñible na súa sección dentro desta mesma páxina web e tamén podes atopala nas redes socias a través do cancelo #CopaGaliciaCX.
CICLOCROSS
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es