Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego 2023 abre inscricións

06 DE JULIO DE 2023

Marín acollerá do 7 ao 10 de agosto esta convivencia destinada a ciclistas nados no 2006-2009

O-Campus-Ciclocros-Ciclismo-Galego-2023-abre-inscricions

Por terceiro ano consecutivo a Federación Ciclismo Galego organiza durante o verán un campus de ciclocrós. A localidade pontevedresa de Marín será o escenario durante catro días, do 7 ao 10 de agosto, dunha convivencia destinada a rapazas e rapaces nados entre o 2006 e 2009 (Infantís de 2º ano - Cadetes - Juniors de 1º ano). Fai click nesta ligazón para inscribirte.

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego persegue profundizar na paixón por unha especialidade que non deixa de crecer na nosa comunidade. O programa desta iniciativa formativa e lúdica inclúe sesións prácticas, teóricas e actividades de lecer. O grupo hospedarase nas instalacións do Colexio SEI San Narciso e este campamento conta co apoio do Concello de Marín.

Para poder participar nesta convivencia é necesario estar en posesión da licenza federativa da FCG. O número máximo de participantes no campus é de 30 ciclistas (15 nenos e 15 nenas). O prezo da inscrición é de 120 euros e o prazo para anotarse remata o día 28 de xullo ás 23:59 horas

GALERÍA DE FOTOS

O Campus Ciclocrós Ciclismo Galego 2023 abre inscricións
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es