10 DE JUNIO DE 2021
A Federación Galega de Ciclismo desexa recoñecer e agradecer o brillante traballo realizado polo Pulpeiros Mugardos para organizar a pasada fin de semana o Campionato de España de Enduro coincidindo cunha nova edición da Montefaro Enduro Race. Malia a excepcional situación sanitaria na que nos atopamos, o que esixe un esforzo aínda maior para sacar adiante un evento desta dimensión, a cita celebrada nos concellos de Mugardos e Ares resultou un éxito a todos os niveis.
Sen dúbida, o Pulpeiros Mugardos puxo o listón moi alto no apartado organizativo e reforzou a condición de Galicia como referencia no Enduro español. Ademais de que a nosa comunidade é unha potencia en participación a nivel estatal, tamén está ao fronte desta disciplina do BTT como sede dos Campionatos de España. Nos últimos seis acolleu en tres ocasións a proba máis relevante do calendario: O Porriño no 2015, Endurrazo 2019 e agora a Montefaro Enduro Race.
Os nosos parabéns á gran familia do Pulpeiros Mugardos e a todo o Enduro galego.
BTT
SELECCIÓNS
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es