Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia Cadete despediu a temporada 2021 na Vuelta al Besaya

01 DE SEPTIEMBRE DE 2021

Iker Rodríguez rematou na xeral entre os dez mellores corredores de primeiro ano

A-Seleccion-de-Galicia-Cadete-despediu-a-temporada-2021-na-Vuelta-al-Besaya-

Cunha rolda de tres etapas en Cantabria a Selección de Galicia cadete puxo o broche ao seu calendario da temporada 2021. O combinado dirixido por Jose Manuel Abalo participou ata este luns na Vuelta al Besaya, unha competición na que a formación autonómica foi de menos a máis. No último día, Tomás Pombo meteuse no Top-10 da xornada entre os ciclistas de primeiro ano e Iker Rodríguez selou a súa presenza entre os dez mellores na clasificación xeral dos máis novos. 

A challenger cántabra non arrancou como lle gustaría á Selección. Na contra o reloxo por equipos inicial cedeu 30 segundos respecto ao Valverde Team-Terras Fecundis, conxunto vencedor no circuíto de Torrelavega, e ao día seguinte, en Reinosa, tres ciclistas do combinado galego deron cos seus ósos no chan e un deles tivo que ser trasladado ao hospital.

Despois de dúas xornadas amargas, a escuadra autonómica recuperouse para despedir a experiencia no Besaya cun bo sabor de boca. O luns, en Los Corrales de Buelna, Tomás Pombo logrou a oitava posición entre os corredores de primeiro ano, e a 28ª absoluta, nun percorrido de 57 quilómetros no que a Selección deixouse ver á fronte da carreira participando en fugas. 

Nas clasificacións finais, Iker Rodríguez rematou como o décimo mellor 'novato', correspondéndolle a 56ª praza nunha táboa absoluta na que Tomás Pombo ocupou a 69ª posición, Ricardo Liste a 76ª e Mauro Amor a 125ª. 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es