Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lorena Patiño proclámase campioa de España cadete de XCO e Galicia consegue dúas pratas por equipos

03 DE JULIO DE 2022

A pontevedresa venceu con autoridade no circuíto de Valladolid, onde os dous conxuntos cadetes da Selección de Breogán remataron segundos. Cuarto posto do infantil Martín Rodríguez.

Lorena-Patino-proclamase-campioa-de-Espana-cadete-de-XCO-e-Galicia-consegue-duas-pratas-por-equipos

Fotos: Luz Iglesias

A xeración de ouro cadete do ciclismo galego sumou un segundo título no Campionato de España de Escolares celebrado en Valladolid. Dous días despois de que María Filgueiras conquistara a proba de contra o reloxo individual en estrada, a pontevedresa Lorena Patiño impúxose con autoridade na proba de Cross Country Olímpico (XCO) e ademais recolleu xunto as súas compañeiras da Selección de Galicia a medalla de prata por equipos, mesmo premio que obtivo o conxunto masculino. 

Entre o venres e o sábado, 34 ciclistas infantís e cadetes defenderon as cores da Selección de Breogán en terras pucelanas. As competición de XCO disputáronse no circuíto do Cerro de las Contiendas, onde Lorena Patiño partía como unha das favorias tras o seu triunfo o mes pasado na Copa de España de Baza. A biker de Pontevedra marcou un forte ritmo dende o inicio que intentaron seguir a catalana Kyra Gali e a balear Neus Capella, pero as diferenzas foron ampliándose a medida que pasaban as voltas. 

Sen oposición, Patiño chegou á meta en solitario cun tempo de 55:24, con 2:18 de vantaxe sobre Kyra Gali e 2:41 respecto á tamén catalá Mariona Ratera. "Non mo esperaba, estou moi contenta e ilusionada. Mantívenme terceira ata a subida do rock garden e aí xa me fun. Había rivais moi duras, a segunda clasificada era de segundo ano", comentou a corredora do Club Ciclista Compostelano, que participou por primeira vez como cadete no Campionato de España de Escolares. 

Dobre prata por equipos

Outras dúas representantes de Galicia remataron entre as dez primeiras. Aroa Otero logrou a sexta praza e Marta Estévez, a novena, uns resultados que xunto ao de Patiño outorgaron ao cuarteto da Selección Galicia, que completou Iris Fernández (25ª), a segunda posición na clasificación por equipos, quedando a so catro puntos da vencedora Catalunya. O podio completouno Andalucía. 

O mesmo resultado colectivo asinou o conxunto cadete masculino. O combinado dirixido polo seleccionador Alberto del Río obtivo a segunda praza, a sete puntos de Catalunya, e superando por 20 puntos a Euskadi. A nivel individual, Alejandro García cruzou a meta na sexta posición e ás portas do top-10 concluíron Tomás Pombo, undécimo, e Mauro Vega, décimo terceiro. Denis González, o cuarto compoñente da Selección na liña de chegada, terminou 28º. 

Martín Rodríguez, cuarto

Nesta xornada o Cerro de las Contiendas tamén acolleu as carreiras infantís. Na masculina, Galicia acadou unha medalla de chocolate con Martín Rodríguez, cuarto clasificado a 30" do bronce. Ao cuarteto da Federación Ciclismo Galego correspondeulle o sétimo posto, con Xián Rodríguez 20º, Lucas Lozano 39º e Marcos Rodríguez 41º. 

Unha posición máis arriba, sextas, acabaron as rapazas infantís. Alba Gregores, décimo oitava, encabezou os resultados individuais das galegas, con Xiana Seijo 23ª, Lara Pita 29ª e Ainoa Posada 44ª.

Xincana

A categoría infantil de estrada tamén competiu o sábado. As probas de xincana tiveron lugar no aparcamento do Estadio José Zorrilla. Loitando contra o reloxo e demostrando habilidade sobre a bicicleta, a Selección de Breogán tivo como representante máis destacado a Maxime Regozo, sexto entre os rapaces. O conxunto masculino, sétimo na táboa, contou ademais con Anxo Delgado (17º), Unai Fernández (35º) e Pedro Liaño (60º).

Pola súa banda, as infantís fixeron undécimas por equipos, con Carmen Cabot (27ª), Alejandra Neira (30ª), Irene Signo (35ª) e Ivet Ivanova (54ª).

Carreiras en estrada

Na véspera, o venres, a segunda xornada do Campionato de España de Escolares estivo dedicada en exclusiva as carreiras en liña de estrada. María Filgueiras, que o día anterior adxudicárase a coroa estatal de contra o reloxo individual, engadiu unha quinta praza a súa actuación en Valladolid. A betanceira meteuse no esprint polo bronce tras un percorrido de 60,4 quilómetros. Do reducido pelotón tamén formou parte Lara Fuentes, anotándose a décimo terceira posición. 

Na carreira cadete, de 65 km, o que se decidiu nos metros finais foi o ouro. Os catro corredores de Galicia, décimo terceira por seleccións, chegaron no pelotón. Alejandro Crende, o máis rápido do combinado autonómico, entrou duodécimo, e no mesmo tempo remataron Iker Rodríguez (47º), Iván Blanco (56º) e Diego López (58º).

Con chegadas masivas tamén se resolveron as probas de fondo infantís. Galicia clasificouse sétima por equipos en ambas carreiras. Na feminina, sobre 15 km, Irene Signo e Ivet Ivanova terminaron décimo quinta e décimo sexta, respectivamente, Carme Cabot a 37ª e Alejandra Neira, que sufriu unha caída, presentouse na meta coa súa bicicleta na man e ocupando a 39ª posición. 

En cantos ao infantís masculinos, Pedro Liaño concluíu décimo oitavo, dous postos por diante de Anxo Delgado e entre os trinta primeiros tamén estivo Maxime Regozo (27º). Os 16 km de percorrido tamén os completou Unai Fernández (50º).

Máis información e clasificacións XCO e Xincana

Máis información e clasificacións carreiras en estrada

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es