Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia inicia o Campionato de España de Ciclocrós nas Pontes co reto do Team Relay

09 DE ENERO DE 2025

Lucas Lozano, Raúl Puelles, Lorena Patiño, Miguel Rodríguez, Samuel González e Andrés Calvete formarán o sexteto do combinado anfitrión

A-Seleccion-de-Galicia-inicia-o-Campionato-de-Espana-de-Ciclocros-nas-Pontes-co-reto-do-Team-Relay

 

O Campionato de España de Ciclocrós está de volta en Galicia cinco anos despois. Este venres arranca na localidade coruñesa das Pontes a gran cita estatal dunha especialidade que esta temporada, o pasado mes de novembro, celebrou o seu Campionato de Europa en Pontevedra. O programa de tres días de competición comeza coa carreira de remudas por combinados autonómicos, o Team Relay, unha proba na que o conxunto anfitrión é un dos favoritos ao ouro.

Gañadora en dúas das últimas cinco edicións -2019 e 2022-, e subcampioa noutra -2023- a Selección de Breogán márcase como reto conquistar o ouro no circuíto do lago das Pontes. O sexteto dirixido polo seleccionador José Alberto del Río estará composto polo cadete Lucas Lozano, o júnior Raúl Puelles, a júnior Lorena Patiño, o sub-23 Miguel Rodríguez, o elite Samuel González e o máster-40 Andrés Calvete. A saída darase ás 16:00 horas e seis voltas decidirán que comunidade autónoma se apunta o primeiro título do Campionato. A coroa deféndea Asturias. A continuación desta carreira terá lugar a Inclusiva, fixada para as 17:30 horas.

imagen

A diferenza do que aconteceu nas dúas anteriores edicións do Ciclocrós Lago de As Pontes, evento internacional de categoría C2 na súa estrea no 2022 e que ademais no 2023 tamén formou parte da Copa de España, nesta ocasión haberá barro e chuvia. Polo tanto, resultará aínda máis esixente o espectacular circuíto que ten preparado o Club Ciclista As Pontes Vilalba como entidade organizadora. O trazado nas inmediacións do lago conta con 2.600 metros de lonxitude e ofrece treitos rápidos, taboleiros, escaleiras e unha zona de area de 150 metros.

Sábado e domingo

As competicións individuais concéntranse na fin de semana. O sábado pola mañá disputaranse as carreiras cadete feminina (10:00 horas), júnior feminina (11:00 h) e cadete masculina (12:00). A sesión de tarde está reservada para os grupos de idade máster: todas as categorías femininas e homes 50-60 compartirán quenda (14:30 h), os 40 comparecerán máis tarde (15:30 h) e pecharán a xornada os 30 (16:30 h).

O día grande é o domingo. A primeira proba será a júnior masculina (10:00 h) seguida pola sub-23 masculina (11:00 h) e para despedir o Campionato quedan os dous pratos fortes: elite e sub-23 feminina (13:00 h) e elite masculina (14:00). Estas dúas últimas carreiras retransmitiranas en directo a TVG2, Teledeporte e RTVE Play.

imagen

Convocatoria de Galicia

Despois de conseguir o ano pasado en Amurrio (Álava) un total de catro podios, a Selección de Galicia confía en brillar como local. A Federación Ciclismo Galego confeccionou unha convocatoria de 28 ciclistas para as competicións individuais na que volve plasmar a súa aposta polas categorías máis novas e o seu apoio á expansión do deporte inclusivo. Na citación hai representados un total de 13 clubs:

CADETES FEMININAS

Vega Aldrey Ventureira (Cambre, C.C.)

Xiana Seijo Sánchez (Caimanes Betanzos, C. BTT)

Leire García Abad (Ponteareas, C.C.)

Nerea Soto Álvarez (Ponteareas, C.C.)

Antía Torres Alonso (Teis, C.C.)

 

CADETES MASCULINOS

Guillermo García Alonso (Avanza, A.D.)

Lucas Lozano González (XSM, C.C.)

Pedro Cidrás Álvarez (XSM, C.C.)

Lucas Blanco Mosquera (Cambre, C.C.)

Jorge Lorenzo Pena (Ponteareas, C.C.)

Aarón Rodríguez Arenas (Ponteareas, C.C.)

Jose Manuel Pintos Gómez (Ponteareas, C.C.)

 

JÚNIORES FEMININAS

Lorena Patiño Villanueva (XSM, C.C.)

Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.)

Alejandra Neira Domínguez (Baqué Movistar Team)

 

JÚNIORES MASCULINOS

Raúl Puelles Loredo (Caimanes Betanzos, C. BTT)

Xoel Cidrás Álvarez (XSM, C.C.)

Darío Buceta Armada (Supermercados Froiz, G.D.)

Diego Valladar Carballal (Coruxo, C.C.)

 

SUB-23 FEMININAS

Laura María Mira Juárez (Farto, C.C.)

Sarela Conde Alonso (Maceda, C.C.)

 

SUB-23 MASCULINOS

Anxo Carril Rojas (Supermercados Froiz, G.D.)

Martín Díaz Gómez (XSM, C.C.)

Fabián Rodríguez Fernández (Cambre, C.C.)

Anxo Lorenzo Bautista (Ponteareas, C.C.)

 

ELITES MASCULINOS

Samuel González Carrera (Máis Que Bicis, C.C.)

Borja Gómez Méndez (Ponteareas, C.C.)

 

MÁSTER-40 MASCULINO

 

Andrés Calvete Candal (Monte Xalo, P.C.)

 

Guía Técnica do III Ciclocross Lago de As Pontes

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es