23 DE MARZO DE 2023
Esta fin de semana a Selección Española de Ciclismo Paralímpico afrontará a súa primeira competición da temporada 2023 coa celebración da Extremadura European Paracycling Cup e entre os sete representantes do combinado estatal haberá un galego. O coruñés Damián Ramos foi o paraciclista escollido polo seleccionador Félix García Casas para disputar as probas da clase C5. O corredor do ParaciclismoGalicia é desde a pasada campaña un habitual nas convocatorias do #TeamESPciclismo.
A cita estremeña, que se consolidou como un evento importante dentro do calendario internacional e que volverá gozar da categoría C1 da UCI, contará con dous días de competición: o sábado, durante o cal se disputará unha proba en liña no Casar de Cáceres; e o domingo, que acollerá o desenvolvemento dunha contra o reloxo individual en Cáceres.
Félix García Casas aproveitará esta primeira competición do curso para valorar o estado de forma dos corredores e tratar de que os seus pupilos sumen a maior cantidade de puntos UCI posibles.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es