08 DE ENERO DE 2024
A localidade alavesa de Amurrio acolle dende este venres e ata o domingo o primeiro Campionato de España do 2024, o de ciclocrós. Na gran cita estatal do inverno a Selección de Galicia presentarase con 24 ciclistas, unha convocatoria que corrobora unha vez máis a aposta da Federación Ciclismo Galego (FCG) pola formación e a proxección. Un 70% da lista da Selección de Breogán intégrana cadetes e xuvenís.
A citación confeccionada polo seleccionador galego Alberto del Río complétana dúas corredoras sub-23, dous sub-23 (un deles Borja Gómez, o pioneiro do ciclismo inclusivo, que se unirá ao grupo o último día), a elite Irene Trabazo -terceira esta temporada na xeral da Copa de España e que vén de participar en varias carreiras do máximo nivel mundial en Bélxica e nos Países Baixos), o elite Samuel González (gañador da Copa Galicia e que esta campaña colleitou bos resultados na Copa de España) e o máster-40 Moisés Leboso, exprofesional en estrada e que aportará a súa experiencia e velocidade nunha volta do Team Relay, a proba de remudas por equipos na que Galicia conseguiu un título e un subcampionato nos dous últimos anos.
CONVOCATORIA
-CADETES FEMININAS
Alba Gregores López (Ponteareas, C.C.)
Alejandra Neira Domínguez (Cambre, C.C.)
Xiana Seijo Sánchez (Caimanes Betanzos, C. BTT)
-CADETES MASCULINOS
Rodrigo García Abad (Ponteareas, C.C.)
Pedro Liaño Basterrechea (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Lucas Lozano González (XSM, C.C.)
Xián Alvariño Rodríguez (Ponteareas, C.C.)
Diego Valladar Carballal (Coruxo, C.C.)
Lucas Blanco Mosquera (Cambre, C.C.)
-JUNIORS FEMININAS
Aroa Otero Táboas (Supermercados Froiz, G.D.)
Lorena Patiño Villanueva (XSM, C.C.)
Marta Estévez Alonso (XSM, C.C.)
-JUNIORS MASCULINOS
Raúl Puelles Loredo (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Martín Díaz Gómez (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Alejandro García Vázquez (Maceda, C.C.)
Santiago Rodrigo Otero López (XSM, C.C.)
Antonio Casal Montero (C.C. Cambre)
-SUB23 FEMININAS
Laura María Mira Juárez (Farto, C.C.)
Sarela Conde Alonso (Maceda, C.C.)
-SUB23 MASCULINOS
Anxo Carril Rojas (Supermercados Froiz, G.D.)
Borja Gómez Méndez (Ponteareas, C.C.)
-ELITE FEMININA
Irene Trabazo Bragado (XSM, C.C.)
-ELITE MASCULINO
Samuel González Carrera (Máis Que Bicis, C.C.)
-MÁSTER-40 MASCULINO
Moisés Leboso Morais (10, G.D)
A FCG desprazará a Amurrio o seu habitual paddock, que estará a disposición de todas e de todos os ciclistas da nosa comunidade que asistan ao campionato. Rógase que se solicite por correo eléctrónico a súa dispoñibilidade para unha mellor organización.
Guía Técnica do Campionato de España de Ciclocrós 2024
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es