Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico

22 DE MAYO DE 2024

Catro paraciclistas representarán á Selección de Breogán esta fin de semana en Caravaca de la Cruz

Convocatoria-de-Galicia-para-o-Campionato-de-Espana-de-Ciclismo-Paralimpico

A temporada de Campionatos de España de Estrada ábrese co de Ciclismo Paralímpico. Dende este venres e ata o domingo celébrase na localidade murciana de Caravaca de la Cruz unha cita á que a Selección de Galicia acode con catro representantes. A convocatoria confeccionada poloa seleccionador Jacobo Ucha é a seguinte: 

 

MH5

Iván Manoel Montero Ferreiro (Neuroimpulse-Galicia)

 

MC4

Damián Ramos Sánchez (Lasal Cocinas - Craega)

 

MC5

Severino Mata Villar (Triatlón Poio)

 

MC3

Óscar Manuel López Velo (Neuroimpulse-Galicia)

 

Co handbiker Iván Montero defendendo as dúas coroas acadadas o ano pasado en Viveiro, os paraciclistas da Selección de Breogán entrarán en acción o sábado, a xornada reservada ás contra o reloxo individuais (CRI). Sobre unha distanica de 21 quilómetros, a ascensión ao Alto del Caracolillo preséntase como a principal dificultade, unha esixente subida de 2 km ao 5% de pendente media. O Campionato pecharase o domingo coas carreiras de fondo. Todas as clases enfrontaranse ao mesmo percorrido de 16 km, ao que darán un número determinado de voltas, e volverán ter no Alto del Caracolillo o treito máis selectivo. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es