Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lorena Patiño estréase e Alejandro García repite na lista júnior da selección española de XCO

23 DE MAYO DE 2024

A corredora do XSM e o do Academia Postal - Maceda disputan esta fin de semana co combinado estatal a Copa do Mundo de Nove Mesto

Lorena-Patino-estrease-e-Alejandro-Garcia-repite-na-lista-junior-da-seleccion-espanola-de-XCO

Foto: RFEC

A Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO) chega a Europa. Dende este venres o circuíto de Nove Mesto (República Checa) acolle a terceira cita puntuable da temporada e formando parte da selección española haberá dous bikers juniors da nosa comunidade. Lorena Patiño (XSM) e Alejandro García (Academia Postal - Maceda) sumarán unha nova experiencia internacional. 

Para a marinense supón a súa estrea na selección estatal júnior de XCO, despois de acudir como cadete o ano pasado ao Festival Olímpico da Xuventude Europea. Pola súa banda, o carballiñés repite na lista logo de disputar hai dúas semanas o Campionato de Europa. A convocatoria confeccionada para esta cita pola seleccionadora Anna Villar compóñena nove ciclistas juniors e dúas sub-23. 

En Nove Mesto, un dos escenarios máis prestixiosos do mundo pola súa historia e esixencia, a carreira júnior masculina celebrarase o sábado ás 8:00 horas e a júnior feminina está fixada para o domingo ás 8:30 h

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es