Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Parque Forestal de A Fracha estrea circuíto para disciplinas gravity de BTT

09 DE SEPTIEMBRE DE 2021

A inauguración celébrase este domingo

O-Parque-Forestal-de-A-Fracha-estrea-circuito-para-disciplinas-gravity-de-BTT

Este domingo día 12, a partir das 10 da mañá, abrirase ó público o novo circuito para disciplinas “gravity” de BTT da serra de A Fracha. Este proxecto, que xurde da iniciativa dun grupo heteroxéneo de ciclistas, coa promoción do Concello de Pontevedra e a Comunidade de Montes de Marcón, intégrase dentro do novo Parque Forestal de A Fracha, nunha parcela específica e pechada para o desenvolvemento destas especialidades da bicicleta de montaña.
 
A parcela, de 16 hectáreas, foi repoboada con especies autóctonas (carballo, castiñeiro e vidueiro) e nela integráronse tres baixadas con diferentes elementos naturais para que os ciclistas poidan traballar a súa técnica e gozar da BTT. O nivel de dificultade destes tres trazados ven definido pola velocidade do ciclista, xa que este recinto tamén pretende  ser unha área de aprendizaxe para as escolas ciclistas e para tódalas persoas que desexen mellorar a súa técnica no descenso, enduro e 4x na bicicleta de montaña.
 
Créase así un proxecto pioneiro fruto da colaboración entre Concello, Comunidades de Montes e Ciclistas. Un laboratorio, que, ó atoparse nun recinto pechado, permitirá restrinxir o uso cando sexa necesario por traballos forestais ou de mellora das baixadas. 
 
Esta iniciativa pretende ser o xerme dunha colaboración máis íntima entre comuneiros, administración e ciclistas, potenciando o uso dos terreos forestais dende o entendemento e o respecto a tódalas persoas usuarias dos montes, e buscando que Pontevedra se poda convertir nun referente para un tipo de turismo en claro auxe,o btt, que fomenta unha vida saudable, sostible e en contacto coa natureza.
 
Está previsto que este domingo asistan á zona sobre ás 10:30 o Alcalde, Miguel Anxo Fernández, o concelleiro de coordinación do rural, Alberto Oubiña, o presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Iván Pérez, o presidente da Comunidade de Montes de Marcón, Óscar Coto, e o presidente da federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. 
 
Por outra banda, durante a mañá tamén estarán no circuito Eva Castro e Toni Ferreiro, dúas figuras que aglutinan un espectacular palmarés nacional e internacional nas disciplinas de enduro, descenso e 4x, todo un luxo para os asistentes, que poderán escoitar algúns consellos por parte destes deportistas da élite do BTT.

GALERÍA DE FOTOS

O Parque Forestal de A Fracha estrea circuíto para disciplinas gravity de BTT
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es