12 DE SEPTIEMBRE DE 2023
Na localidade xienense de Alcalá la Real o ciclismo máster galego obtivo dous postos de podio no Campionato de España de Estrada celebrado durante a pasada fin de semana. Ambos metais asináronos corredores do grupo de idade máster-40 B. Francisco Javier Iglesias Mosquera (Cidade de Santiago) fíxose coa terceira posición na carreira en liña e José Luís Lombao quedou subcampión na contra o reloxo individiual (CRI) do domingo.
A proba de fondo tivo como escenario un circuíto de 24,6 quilómetros, que incluía dúas pequenas subidas. Os máster-40 deron catro voltas e no desenlance dos 98 km de percorrido dous corredores do grupo de idade A conseguiron unha mínima vantaxe que lles permitiu xogarse o triunfo absoluto nun man a man. A 2 segundos do dúo de fugados entrou o pelotón con Francisco Javier Iglesias cruzando a liña de meta en oitava posición, un resultado que lle outorgou o bronce na súa categoría. O ciclista do Cidade de Santiago e Antonio Mateos (Fernando Torres Probikes) escoltaron no caixón ao gañador Antonio Martín (Gsport).
O último Campionato de España de Estrada da temporada pechouse o domingo coa contra o reloxo de 7,7 km para todas e todos os participantes. O rexitro de 12 minutos e 48 segundos situou a José Luis Lombao como segundo clasificado máster-40 B. Daniel Crespo (Uniformes Murcia) rebaixou en 13" o tempo do corredor do Norinver e a terceira posición ocupouna Iván Muñiz (Orquín), a 32" do vencedor. Houbo dobre presenza galega no top-10 deste grupo idade ao acadar Mario Villanueva (De La Fuente) a sétima posición cun 'crono' de 13'43".
Máis información probas de fondo
SELECCIÓNS
CARRETERA
EVENTOS
CARRETERA
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es