Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Canal entra na lista de España para a Copa das Nacións Sub23

16 DE JULIO DE 2021

O limiao do Burgos BH competirá en Francia ao inicio da próxima semana

Canal-entra-na-lista-de-Espana-para-a-Copa-das-Nacions-Sub23

A Copa das Nacións Sub23 da UCI vivirá este vindeiro luns 19 e martes 20 de xullo a terceira proba do seu calendario 2021 coa celebración da proba francesa l'Etoil d'Or. Esta ronda, composta por tres parciais, contará no seu pelotón cun galego defendendo o maillot da selección española. Carlos Canal forma parte da lista de seis corredores confeccionada polos técnicos da RFEF.

O limiao do Burgos BH compartirá equipo con Xabier Mikel Azparren, Enekoitz Azparren, Sergio Trueba, Javier Serrano e Francesc Bennassar. Esta cita exerce de antesala do Tour do Porvir e o seu pelotón estará integrado por 29 formacións. 

L'Etoil de'Or dará comezou o luns ás 08:30 horas cunha contra o reloxo de 9,6 quilómetros con inicio e final en Pouligny-Saint-Pierre. Ese mesmo día disputarase un segundo parcial, a partir dasa 14:30 horas, que conterá 141 km de lonxitude e se resolverá nun circuíto final de 11 km ao que se darán catro voltas. 

A competición pecharase o martes cunha tirada de 181 km que presentará un perfil algo máis quebrado e esixente na súa primeira metade, pero que se decidirá nun circuíto de 15,5 km ao que se efectuarán tres xiros e que semella non contar coa dureza suficiente para rachar o pelotón. 

 

Máis información

AUDIOS NOTICIA

  • Screenshot_2021-07-16-17-59-36-462_com.instagram.android.jpg

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es