16 DE JULIO DE 2021
Frenética xornada de ciclismo en estrada a vivida este venres pola Selección de Galicia na Comunidad de Madrid. O combinado autonómico participou en oita probas, seis 'cronos' e dúas en liña, na apertura dos campionatos de España Júnior e de Idade Escolar e Júnior. Un total de 21 ciclistas galegos rodaron polos municipios de Cadalso de los Vidrios, Cenicientos e San Martín de Valdeiglesias.
Os mellores resultados da Selección chegaron na sesión de tarde coas carreiras infantís. Na proba feminina en liña, Lorena Patiño e María Cabot remataron sétima e oitava, respectivamente. As dúas cruzaron a liña de meta a 2" da gañadora, mentres que Irene Rodríguez rematou o percorrido de 12,7 quilómetros na 41ª posición.
Outro posto entre os dez primeiros asinouno Diego López na carreira infantil masculina, entrando décimo a 4 segundos do vencedor. Adrián García (44º), Aarón Lorenzo (48º) e Xián Albariño (53º) tamén completaron os 20,1 km da última cita do día.
A mañá estivo reservada á loita contra o reloxo, tanto no Campionato Júnior como no de Idade de Escolar. Na competición xuvenil, Laura Mira obtivo a 22ª praza a e a 26ª foi para Sonia Domínguez. En canto á 'crono' júnior masculina, Breogán Diz concluíu 38º.
A categoría cadete, ademais das CRE por conxuntos autonómicos, tamén celebrou as CRI na apertura do campioinato para idades escolares. A representante galega Lara Fuentes meteuse no Top-10 ao acadar o décimo posto e nos rapaces Manuel García finalizou 20º.
Máis información e clasificacións Juniors
Máis información e clasificacións escolares
FORMACIÓN
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es