Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos, quinto na contra o reloxo C4 do Mundial de Zurich

23 DE SEPTIEMBRE DE 2024

Pablo Rodríguez rematou vixésimo no Campionato do Mundo de XCM e Saúl Vilar ocupou a décimo oitava praza na clasificatoria do Europeo de BMX

Damian-Ramos-quinto-na-contra-o-reloxo-C4-do-Mundial-de-Zurich

Tres grandes citas para a selección española e tres galegos defendendo as cores do combinado estatal. Despois da medalla de bronce acadada nos primeiros días deste mes na contra o reloxo C4 dos Xogos Paralímpicos de París, Damián Ramos obtivo a quinta praza na CRI do Mundial que se está a celebrar na cidade suíza de Zurich. Ao corredor coruñés aínda lle queda a proba de fondo. Os que xa completaron a súa participación foron o biker Pablo Rodríguez no Campionato do Mundo de XCM en Snowshoe (Estados Unidos), finalizando na vixésima posición, e o rider Saúl Vilar no Europeo de BMX Freestyle Park en Cadenazzo (Suíza), onde fixo décimo oitavo na clasificatoria.

Baixo a chuvia, a 'crono' deste luns entre Gossau e Zurich dominárona por completo os representantes da selección de Francia. O país galo asinou unha tripla no percorrido de 30 quilómetros para corredores da clase 4 de bicicleta adaptada. Damián Ramos marcou o quinto mellor tempo nos dous puntos intermedios e tamén na meta logo de deter o reloxo en 42 minutos e 49 segundos. O paraciclista herculino do Lasal Cocinas - Craega quedou a 55" do rexistro do terceiro clasificado Gatien le Rousseau. A vitoria foi para Mattis Lebeau (40:49) por diante do seu compatriota Kevin le Cunff. A proba de fondo C4 dispútase este xoves. 

imagen

Outro Mundial, o de XCM, descubriuno onte Pablo Rodríguez. O maratón de 104 km con 2000 metros de desnivel positivo acumulado completouno o macedao no vixésimo posto, despois de pasar 25º polo primeiro punto de control, cando ían case 2 horas de competición. "Desfrutadas e ben sufridas as case 5 horas de carreira", comentou nas súas redes sociais o biker do Buff-Megamo Team. A selección española regresou de Estados Unidos coa ledicia da medalla de bronce lograda polo andaluz David Valero. 

imagen

De volta en Suíza, neste caso en Candenazzo, o sub-23 Saúl Vilar, de 17 anos, adquiriu máis experiencia internacional no Campionato de Europa de BMX Freestyle Park. O vigués do BMX Cromoly ocupou o décimo oitavo posto na clasificatoria do pasado venres. Malia que non puido acceder á final, o seu balance é positivo: "Estou moi contento co resultado. A seguir traballando para mellorar cada día máis". 

imagen

Máis información Mundial Paralímpico

Máis información Mundial XCM

Campionato de Europa de BMX

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es