09 DE MAYO DE 2024
O día 17 de Maio celebrarase no Concello de Ponteareas o primeiro Mini DH Urbano na devandita localidade. A proba trata dun descenso polo centro de Ponteareas para os máis pequenos, que irán desde os 3 ata os 14 anos de idade.
Desta maneira, o Concello dá visibilidade a unha modalidade do ciclismo na localidade, con gran renome noutros eventos que se celebran como O Marisquiño ou o Descenso Urbano de Sarria. Dita proba chamarase MINI DHU VILA DO CORPUS, como non podería ser doutra maneira.
Terá dous percorridos segundo a categoría, para que segundo o nivel de cada pequena/o ciclista poida realizar o percorrido e sexa divertido para eles. Dita carreira está organizada polo Club da devandita localidade Pontebike Team e polo Concello de Ponteareas, delegando parte da organización da proba na entidade Sportskids, con experiencia en organización deste tipo de eventos.
Fonte: Sportskids
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es