Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame

20 DE ENERO DE 2025

Ángel Maneiro, Tamara Seijas e as parellas Darío Otero - Ángel Vilanova e Fátima González - Óscar González encabezan a nómina de primeiros líderes

Barro-ata-as-orellas-na-apertura-da-Copa-Galicia-3h-Resistencia-en-Lousame

Fotos: Luz Iglesias

A primeira Copa Galicia do 2025 arrancou facendo honor ao seu nome. Lousame ofreceu tres horas de pura resistencia sobre a bicicleta este domingo nun circuíto enlamadísimo. Despois de cruzar a liña de meta cheos de barro ata as orellas, as gañadoras e os gañadores de dezasete categorías recibiron no podio unhas flamantes camisolas co novo deseño que distingue dende este ano aos líderes dos certames autonómicos. 

A cuarta edición da Copa Galicia 3h Resistencia de BTT volve constar esta campaña de cinco probas puntuables e por terceira vez na súa aínda curta historia arrancou no evento organizado polo Club BTT O Treito. Cunha inscrición de 276 bikers, superando a cifra do ano anterior, o noiés Ángel Maneiro revalidou o seu triunfo absoluto. O elite do Supermercados Froiz completou nove voltas, o que só conseguiron outros dous participantes. O máster-30 Samuel Baña (Xesteiras) empregou 5 minutos máis para conseguilo e o elite Roberto Freire (Toxo) rematou a 10 minutos do gañador na súa categoría. 

A pauta entre as mulleres marcouna a elite lalinense Tamara Seijas (RG Bikes), única corredora que deu sete voltas. Entre as seis que deron un xiro menos, a segunda praza feminina correspondeu á tamén elite Iria Nieto (Team Oiense) e a terceira, á júnior Noa Rodríguez (Creto Bikes). 

imagen

O resto de maillots de líderes individuais obtivéronos Aitor Vázquez (Caimanes Betanzos) en Júnior, Yaiza Vila (Creto Bikes) e Adrián Caamaño (Extol-Zambora.es) en Sub-23, Amira Simón (Tríatlon Atlántico) en Máster-30, Paula Blanco (Monte Xalo) e Manuel Casuso (Xesteiras) en Máster-40, Manuel Castro (Barbanza) en Máster-50 e Óscar Lorenzo (Bici Verde) en Máster-60.

En canto ás parellas, nas masculinas Ángel Vilanova (Compostelano) e Darío Otero (Cambre) impuxéronse con oito voltas e 9:41 de vantaxe a Manuel Vila e David Rodríguez (Vigo Máster), que bateron por unicamente 6 segundos a Martín Agrasar e Jesús Martínez (Toxo). A competición mixta dominárona Óscar González e Fátima González (Máis Que Bicis) con oito xiros, un de marxe respecto aos dúos que os escoltaron no podio, Raquel Román e Raúl Cancelas (Bici Verde) -segundos- Carla Vilouta e Samuel Tomé (Toxo) -terceiros-. As vitorias nas carreiras de cadetes acadáronas Aroa Ferreño e Andrea Paz (Esmelle) no apartado feminino, Mateo García e Manuel Souto (Xesteiras) no masculino e Nerea Sánchez e Víctor Riveira (Xesteiras) no mixto. 

imagen

O vindeiro domingo a Copa Galicia 3h Resistencia repetirá na mesma comarca, esta vez en Noia. Toda a información sobre este certame podes atopala na súa páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaRST25

Clasificacións

 

GALERÍA DE FOTOS

Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
Barro ata as orellas na apertura da Copa Galicia 3h Resistencia en Lousame
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es