11 DE FEBRERO DE 2025
Foto: RFEC
O ano pasado o Pump Track galego apuntouse a xeral de catro categorías na Copa de España e esta compaña iníciaa superando o seu propio listón. Sete pilotos da nosa comunidade vestíronse este domingo coa camisola do certame estatal na apertura do calendario. Dous deles, os sub-23 Alba Fernández e Sergio Veiga, asinaron ademais os rexistros scratch no circuíto alacantino de Santa Pola.
O Pontebike dominou as dúas táboas absolutas. Sergio Veiga, cun tempo de 14"75, bateu por 2 centésimas ao cadete andaluz David Mendoza (Los Barrios) e por 8 centésimas ao júnior manchego Alejandro Hernanz (BMX Talavera). O naronés encabezou a tripla galega no podio sub-23, escoltado por Iván García (Val do Ulló) e Raúl Gándara (Pontebike), segundo e terceiro respectivamente.
No seu debut como sub-23, a redondelá Alba Fernández foi a muller máis rápida da xornada cunha mellor marca de 16"83, seguida pola infantil manchega Aiby Hiniesto (BMX El Casar), con 17"22, e pola cadete ourensá Paula Rodríguez. Os 17"29 da corredora do Val do Ulló permitíronlle impoñerse por 41 centésimas respecto á ponteareá Ainoa Posada (AXPO) no man a man entre promesas cadetes da nosa comunidade.
As outras tres vitorias galegas obtivéronas Yuli Paola Rey (Máster da Louriña) nas elites, Alejandro Pérez (Maese Ourense) nos máster-30, Alberto Manuel García (Maese Ourense) nos máster-50 e Antonio Piñeiro (Maese Ourense) nos máster-60. Tamén pisaron o caixón Sarela Rúa (Maese Riders), terceira nas infantís, e Rosa López (Maese Ourense), terceira nas máster-50.
A Copa de España de Pump Track consta esta campaña de cinco eventos puntuables. O seguinte celebrarase o 27 de abril na localidade barcelonesa de Prermià de Mar.
BTT
BTT
BTT
FORMACIÓN
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es