Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España

02 DE JULIO DE 2025

O Descenso galego sumou seis triunfos na clausura do certame estatal. Títulos en Máster para Paula Seoane nas 30 e Ricardo Escudero nos 50

Yelco-Romero-e-Natalia-Menendez-mandan-no-DHI-Manzaneda-Estacion-2025-da-Copa-de-Espana

Fotos: Yaiza Fernández Pérez

A Copa de España máis galega, ao celebrarse tres das cinco probas puntuables na nosa comunidade, completou o seu calendario o pasado domingo co DHI Manzaneda Estación 2025. Co Bici Verde como club organizador, o certame estatal pechou a súa temporada por todo o alto cun gran evento no que máis de 180 riders desfrutaron das magníficas instalacións para esta especialiade que ofrece a estación de montaña ourensá. O elite madrileño Yelco Romero (Galapagar) e a sub-23 asturiana Natalia Menéndez (Cuetos Bike) marcaron os tempos scracth dunha xornada na que o noso Descenso colleitou seis triunfos. 

A baixada de 1,6 quilómetros e 235 metros de desnivel negativo pola pista número 7, a denominada Rochas, realizouna o líder elite e sub-23 Yelco Romero en 2'27"628. O madrileño bateu por 78 centésimas ao elite catalán Ferran Jorba (St. Andreu) e por 3,3 segundos ao sub-23 catalán Oriol Llaudo (Dinamics MBS). A cuarta praza obtívoa o elite galego Víctor Mariño (X Bikes) e un sensacional quinto posto asinou o vencedor cadete Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade), unha vitoria na súa categoría que o catapultou á segunda posición na clasificación xeral da Copa de España. 

imagen

Entre os dez primeiros da táboa absoluta masculina tamén se meteron o elite Marco Veiga (Ciclos Quintena) no oitavo posto, facendo sexto na súa categoría, e o máster-30 Manuel Pellón (BDM) na décima posición, sendo segundo no seu grupo de idade.  

Dúas clasificacións Máster rexistraron dominio galego. Nos 40 impúxose Carlos Díaz (Ciclos Quintena), segundo na xeral a 10 puntos do título. A terceira praza do caixón en Manzaneda ocupouna Jose Montenegro (Moto Bike) e cuarto terminou Manuel Baños (Bicicletas Chinquena), certificando o terceiro posto no ranking da Copa de España encabezado polo vasco Iván Blanco (Basabikes). A camisola de líder que quedou na nosa comunidade foi a máster-50 grazas a Ricardo Escudero (Poio Bike), terceiro na baixada de Rochas por detrás doutros dous representantes do noso DH: o gañador Adolfo Gallego (Singletrack) e o segundo clasificado Marcos Araújo (Cedeira Bike). 

imagen

Entre as mulleres mandou Natalia Menéndez cun 'crono' de 3’00”479. Á elite castelá e leonesa Sara Yusto (Lácteas Cobreros) correspondeulle a segunda posición, cunha marca de 3’01”757, e á elite Kira Zamora (Galapagar), a terceira -3’02”308na súa coroación como gañadora da xeral da Copa de España.  

A galega máis rápida, Arantxa Gómez (OsdoSacho), apuntouse o triunfo júnior e no terceiro chanzo do podio acompañouna Alexia Santervas (A Forna). Á aragonesa Candela Ruiz (EAMTB) bastoulle con facer segunda en Manzaneda para adxudicarse o título estatal, con Santervas na segunda praza e Gómez na terceira. As outras dúas vitorias femininas do noso DHI rubricáronas a cadete Carla Hermida (Esmelle), segunda na xeral, e a máster-30 Paula Seoane (Bici Verde), líder final do seu ranking

imagen

Sen puntos en xogo para a Copa, a categoría Infantil tamén tivo a oportunidade de participar na estación ourensá. Dani Barcia (THC Bike) e Lara Fernández (Cambre) estableceron os mellores rexistros na proba de promoción. 

A entrega de premios contou coa presenza como autoridades de Amable Fernández, alcalde de Manzaneda; Víctor Picos, director da Estación de Montaña de Manzaneda; Juan Fernández, xefe de Montaña da Estación de Manzaneda; e Esteban Lorenzo, por parte do C.C. Bici Verde, como director da carreira. 

Clasificacións

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
Yelco Romero e Natalia Menéndez mandan no DHI Manzaneda Estación 2025 da Copa de España
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es