Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O infantil Dani Barcia fai saltar a banca no Campionato de Galicia - DH A Fracha 2025

24 DE SEPTIEMBRE DE 2025

O rapaz do THC Bike asinou un histórico scratch. A júnior Arantxa Gómez, a máis rápida no apartado feminino

O-infantil-Dani-Barcia-fai-saltar-a-banca-no-Campionato-de-Galicia---DH-A-Fracha-2025

Fotos: Concello e Deputación de Pontevedra

O Campionato de Galicia de Descenso 2025 rexistrou un dobre fito. Por primeira vez contou con televisión en directo e tampouco hai ningún precedente de que o mellor tempo da xornada o marcara un rider da categoría Infantil. Ese abraiante scratch acadouno Dani Barcia, o corredor vigués do THC Bike que fixo saltar o banca o pasado domingo no DH A Fracha. 

Por segundo ano consecutivo, a Peña Ciclista Moto Bike encargouse de que a a proba máis importante do calendario autonómico desta especialidade do BTT tivera como escenario a mítica baixada do parque forestal pontevedrés. O evento alcanzou os 120 participantes e a afección respondeu. Nas zonas máis espectaculares do percorrido de 1.300 metros desfrutouse dun gran ambiente. 

Subcampión de Europa este verán, Dani Barcia exhibiu o seu talento. Marcou un tempo estratosférico para a categoría Infantil, batendo por 11 segundos ao seu compañeiro de equipo Kike Cerqueiro, e o seu rexistro na quenda final de 1:54,005 non o puido rebaixar ningún do centenar de pilotos de máis idade que se lanzaron pola Fracha a continuación do rapaz do THC Bike. A menos de 1" do scratch quedáronse o novo campión elite Víctor Mariño (X Bikes), que detivo o cronómetro en 1:54,732, e Héctor Quinteiro (Team Bici Verde - BoPapel) cunha marca de 1:54,766, que se fixo co título sub-23 un ano despois de conquistar o júnior. 

imagen

Outros catro riders puideron coa barreira dos 2 minutos. Hugo Rosendo (Cerdedo-Cotobade) colgouse a medalla de prata sub-23 con 1:55, 279; Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade) apuntouse o título cadete con 1:57,416; e como segundo e terceiro en Elite clasificáronse Gabriel Alonso (Tribu del Ñu) e o defensor da coroa Sergio Peleteiro (Moto Bike), con 1:57,841 e 1:59,440, respectivamente. 

O máster-30 Manuel Pellón (BDM Bike) foi o único que repetiu no máis alto do podio da Fracha por segundo ano consecutivo na mesma categoría. A nómina de campións masculinos completárona o júnior Marcos Castelo (Gráficas Lar), o máster-40 Rubén Piñeiro (Mesoiro) e o máster-50 Ricardo Escudero (Poio Bike).

imagen

A táboa de tempos feminina dominouna a júnior Arantxa Gómez (OsdoSacho). A rosaleira impúxose cunha marca de 3:01,329 por diante doutras dúas promesas: a infantil Leire Mariño (Padronés) -3:08,552- e a cadete Carla Hermida (Esmelle) -3:09,003-. Paula Seoane (Bici Verde) -3:44,252- levouse o ouro máster-30. 

Retransmisión TV

imagen 

 

PODIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA

 

Infantil F

1. Leire Mariño (Padronés)

 

Infantil M

1. Daniel Barcia (THC Bike)

2. Kike Cerqueiro (THC Bike)

3. Lois Ambrosio (Avanza-O Porriño)

 

Cadete F

1. Carla Hermida (Esmelle)

 

Cadete M

1. Mario Barreiro (Cerdedo-Cotobade)

2. Sindo González (OsdoSacho)

3. Arón Porto (Bike House)

 

Júnior F

1. Arantxa Gómez (OsdoSacho)

 

Júnior M

1. Marcos Castelo (Gráficas Lar)

2. Xabi Rial (Team Bici Verde - BoPapel)

3. Anxo Estévez (Kamikazes)

 

Sub-23 M

1. Héctor Quinteiro (Team Bici Verde - BoPapel)

2. Hugo Rosende (Cerdedo-Cotobade)

3. Roi Jorge (Team Bici Verde - BoPapel)

 

Elite M 

1. Víctor Mariño (X Bikes)

2. Gabriel Alonso (Tribu del Ñu)

3. Sergio Peleteiro (Moto Bike)

 

Máster-30 F

1. Paula Seoane (Bici Verde)

 

Máster-30 M

1. Manuel Pellón (BDM Bike)

2. Diego Cuba (Medela MTB)

3. José Eugenio Gayo (VK Bikes)

 

Máster-40 M

1. Rubén Piñeiro (Mesoiro)

2. Óscar González (Te Eme Sport)

3. Manuel Baños (Bicicletas Chinquena)

 

Máster-50 M

1. Ricardo Escudero (Poio Bike)

2. Adolfo Gallego (Singletrack)

3. Pablo García (Singletrack)

 

Clasificacións 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

O infantil Dani Barcia fai saltar a banca no Campionato de Galicia - DH A Fracha 2025
O infantil Dani Barcia fai saltar a banca no Campionato de Galicia - DH A Fracha 2025
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es