Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia

16 DE FEBRERO DE 2026

Seijas-González, Martínez-Iglesias e Pintos-González adxudicáronse as coroas por parellas no Campionato de Galicia disputado en Vilagarcía

Lara-Lois-e-angel-Maneiro-aumentan-a-sua-coleccion-de-titulos-autonomicos-co-de-BTT-Resistencia

Fotos: Luz Iglesias

O primeiro Campionato de Galicia do ano 2026 foi unha festa. Case 300 bikers reuníronse o domingo de Entroido en Vilagarcía para pedalear no autonómico de BTT Resistencia que o Arousa Bike, club organizador do evento en colaboración coa Federación Ciclismo Galego (FCG), encheu de alicientes máis alá de poñerse en xogo títulos en 19 categorías. Nunha xornada que comezou con ‘chocolatada’ e rematou con degustación de callos, Lara Lois (Xesteiras) e Ángel Maneiro (Toxo) saborearon uns triunfos absolutos que aínda non formaban parte das súas variadas cartas de éxitos.

imagen

A elite grovense e o elite noiés cruzaron xuntos a liña de meta cando o cronómetro marcaba 2 horas 52 minutos e 20 segundos dende que se dera a saída á terceira edición da 3H Resistencia Vilagarcía. Nun circuíto deseñado nas ladeiras do monte Xiabre, esixente e lixeiramente enlamado, Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. Deste xeito, a corredora do Xesteiras engadiu a coroa da especialidade de BTT das 3 horas a unha colección na que conta coas camisolas de Galicia de XCO, XCM e Estrada. Un palmarés do máis completo no que sobresae o Campionato de España de XCO no 2023.

A segunda posición feminina correspondeu á subcampioa elite Raquel Román (Extol-Zambora.es), con oito parciais e 49 segundos de vantaxe respecto á gañadora sub-23 Noa Rodríguez (Creto Bikes). O mesmo número de voltas asinaron a terceira elite Rebeca Muñoz (Xesteiras) e a cuarta Rebeca Fontela (Máis Que Bicis), separadas por 28”, e a segunda clasificada sub-23 Laura Mira (Team Farto-BTC), sexta na táboa absoluta. Nas outras categorías de mulleres subiron ao máis alto do podio a júnior Nerea Sánchez (Xesteiras), a máster-30 Amira Simón (Tríatlon Atlántico), a máster-40 Tamara Santos (VK Bikes) e a máster-50 Mónica Campagna (Ancares Bikes). 

imagen

O título galego de BTT Resistencia que tiña Ángel Maneiro ata o momento era o sub-23 acadado no 2022, na primeira edición deste campionato. Gañador absoluto esta temporada nas tres probas da Copa Galicia nas que participou, o ciclista de Noia era o principal favorito, pero non o tivo nada doado para cumprir cos prognósticos en Vilagarcía. O representante do Toxo, vixente campión autonómico de Estrada, impúxose con 11 voltas e 1:11 de marxe sobre Diego Álvarez (Podium Team) despois de rachar a carreira no quinto parcial.

Daniel García (Xesteiras), a 2:34 do gañador, bateu por 22” a Rubén Deaño (Ourense Termal) nun duelo do máis axustado pola terceira praza. Jorge Pérez (ODL Team) fixo quinto superando por 1:42 a Iago Carou (Toxo), con quen se xogou a medalla de ouro sub-23. Once voltas tamén acumularon o elite Ignacio Casal (Extol-Zambora.es) e dous novos campións nas súas categorías, o júnior Marco Núñez (Teis) e o máster-40 Manuel Casuso (Xesteiras). O cadro de vencedores individuais completárono o máster-30 Óscar Pino (Xesteiras), o máster-50 Diego Álvarez (Aerodynamics) e o máster-60 Manuel Rodríguez (Atlético Aguzo). Este último, ao non ser galego, non optaba á coroa do Campionato e a do grupo de idade dos máis experimentados recaeu en Darío Buceta (Farto).

imagen

Ninguén repetiu título na mesma categoría, tampouco nas carreiras de remudas por parellas. Nas mixtas dominaron Tamara Seijas (Xesteiras) e Estefan González (Maceda) dominaron por 5:31 de diferenza en relación a Irene Trabazo e Martín Díaz nunha pugna a 10 voltas. Dous pasos menos pola meta realizaron Carla Vilouta e Samuel Tomé (Toxo), que ocuparon o terceiro chanzo do caixón. Máis emoción houbo na proba masculina con José Manuel Pintos (Cortizo) e Óscar González (Máis Que Bicis) dobregando por 1:26 a Ismael González (ODL Team) e Jacobo Ucha (FCG), e por 1:41 a Juan Rey e Carlos Paz (As Pontes) noutra batalla a 10 xiros ao circuíto. En canto aos dúos femininos, só participaron Elisabeth Iglesias e Gemma Martínez (Gallardo Armenteira), que se proclamaron campioas con seis parciais.

A competición cadete por parellas disputouse a 2 horas de duración. Marta Utrera e Breográn Cutrín (Xesteiras) encabezaron a clasificación mixta; Pedro Cidrás (XSM) e Hugo Rodríguez (Teis), a masculina; e Lara Fernández (Cambre) e Carla Hermida (Náutico Narón), a feminina. 

imagen

A campaña de BTT Resistencia, na que por primeira vez o Campionato de Galicia se celebrou na provincia de Pontevedra, non concluíu con esta cita. Aínda resta a clausura do Copa Galicia. A sexta e última xornada puntuable deste certame terá como escenario a localidade coruñesa de Muros este vindeiro domingo. 

 

PODIOS DO CAMPIONATO DE GALICIA

ELITE F

1. Lara Lois (Xesteiras)

2. Raquel Román (Extol-Zambora.es)

3. Rebeca Muñoz (Xesteiras)

 

ELITE M

1. Ángel Maneiro (Toxo)

2. Diego Álvarez (Podium Team)

3. Daniel García (Xesteiras)

 

SUB-23 F

1. Noa Rodríguez (Creto Bikes)

2. Laura Mira (Team Farto-BTC)

3. Andrea Varela (Gallardo Armenteira)

 

SUB-23 M

1. Jorge Pérez (ODL Team)

2. Iago Carou (Toxo)

3. Vicente Alló (Chantadino)

 

JÚNIOR F 

1. Nerea Sánchez (Xesteiras)

2. Sara Comesaña (THC Bike)

3. Alexandra Lorenzo (Xesteiras)

 

JÚNIOR M 

1. Marco Núñez (Teis)

2. Manuel Souto (Xesteiras)

3. Lois Piñeiro (Ribadumia)

 

Máster-30 F

1. Amira Simón (Tríatlon Atlántico)

2. Fátima Martínez (Ribadumia)

 

MÁSTER-30 M

1. Óscar Pino (Xesteiras)

2. Darío Suárez (3AG)

3. Brais Rodríguez (3AG)

 

MÁSTER-40 F

1. Tamara Santos (VK Bikes)

2. Beatriz Vicente (Podium Team)

3. María Oliveira (Os Aforcados)

 

MÁSTER-40 M

1. Manuel Casuso (Xesteiras)

2. Samuel Baña (Toxo)

3. Uxío Canosa (Extol-Zambora.es)

 

MÁSTER-50 F

1. Mónica Campagna (Ancares Bike)

2. Cristina Romero (Ribadumia)

 

MÁSTER-50 M

1. Diego Álvarez (Aerodynamics)

2. José Manuel Gómez (Xesteiras)

3. Aurelio Campos (Toxo)

 

MÁSTER-60 M

1. Darío Buceta (Farto)

2. Francisco Pombo (Ribadumia)

3. Manuel Gómez (Bici Verde)

 

PARELLAS MIXTAS

1. Tamara Seijas (Xesteiras)-Estefan González (Maceda)

2. Irene Trabazo-Martín Díaz (XSM)

3. Carla Vilouta-Samuel Tomé (Toxo)

 

PARELLAS F

1. Gemma Martínez-Elisabeth Iglesias (Gallardo Armenteira)

 

PARELLAS M

1. Óscar González (Máis Que Bicis)-José Manuel Pintos (Cortizo)

2. Ismael González (ODL)-Jacobo Ucha (FCG)

3. Juan Rey-Carlos Paz (As Pontes)

 

PARELLAS CADETES MIXTAS

1. Marta Utrera-Breogán Cutrín (Xesteiras)

2. Vega Aldrey-Héctor Rodríguez (Cambre)

3. Hugo Pita (Tríatlon Betanzos)-Carmen Díaz (Becani)

 

PARELLAS CADETES F

1. Lara Fernández (Cambre)-Carla Hermida (Náutico Narón)

 

PARELLAS CADETES M

1. Pedro Cidrás (XSM)-Hugo Rodríguez (Teis)

2. Guillermo García (Avanza-O Porriño)-Marco Gascón (Outeiro de Rei)

3. Xoel González-Yago Estévez (Avanza-O Porriño) 

 

Clasificación 

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos autonómicos co de BTT Resistencia
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es