24 DE FEBRERO DE 2026
Foto: RFEC
A Copa de España 2026 de Cross Country Maratón (XCM), que conta esta temporada con dous eventos en Galicia (Ruta do Lacón -23 maio- e G.P. Cerdedo Cotobade -27 xuño-), celebrou este domingo na provincia de Sevilla o primeiro dos seus nove desafíos. Na IX edición do Maratón BTT Subida Cerro San Cristóbal, o Extol-Zambora.es asinou un 'dobrete' con dúas corredoras galegas na categoría Elite feminina. A viguesa Raquel Román e a mosense Susana Alonso, primeira e segunda respectivamente, dominaron a súa categoría e a nivel absoluto só as superou a máster-30 andaluza María Isabel Felipe (Conway).
As tres primeiras na táboa scratch distanciáronse moito do resto de competidoras, pero as diferenzas entre elas foron moi reducidas ao remate dun percorrido de 90 quilómetros con 1.900 metros de desnivel positivo acumulado. María Isabel Felipe marcou un tempo de 4 horas 22 minutos e 44 segundos na liña de meta de El Pedroso, avantaxando en 1 minuto e 2 segundos a Raquel Román e en 39" máis a Susana Alonso. A cuarta clasificada, a máste-30 andaluza Amanda Hernández (Expobikes), chegou a 23' da gañadora.
![]()
O mellor galego na táboa absoluta masculina foi o elite Daniel García (Xesteiras) na oitava praza a 4' do vencedor da súa categoría e da clasificación scratch, o andaluz Luis Ángel Maté (Marbella), exprofesional en Estrada. O biker de Catoira, cun rexistro de 3:22:59, quedouse a 42" de subir ao podio elite.
Si que pisou o caixón un dos seus compañeiros do Xesteiras, o máster-40 Manuel Casuso, como primeiro no seu grupo de idade e, deste xeito, presentou a súa candidatura a revalidar o título obtido o ano pasado. O santiagués logrou a 14ª praza entre todos os participantes. Os outro postos top-10 conseguíronos Uxío Canosa (Extol-Zambora.es), quinto en Máster-40, e Adrián Caamaño (Extol-Zambora.es), noveno en Sub-23.
A vindeira cita da Copa de España de XCM terá lugar o 22 de marzo na localidade cacereña de Miajadas. Antes, este vindeiro domingo, actívase a Transgalaica coa décima edición da proba de Ames.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es