Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira

24 DE MARZO DE 2026

A Copa Galicia XCO abriu o seu calendario de once eventos coas vitorias da campioa e do campion Elite da nosa comunidade

Lara-Lois-e-Jorge-Aguin-imponen-o-seu-punto-en-Armenteira

Fotos: Luz Iglesias

Chegou a primavera e con ela Copa Galicia XCO 2026. As once probas do certame autonómico da especialidade de rally disputaranse na segunda estación do ano e o pano da temporada subiuse nunha xornada solleira este domingo no concello pontevedrés de Meis. Con 279 participantes, a vixente campioa e o actual campión Elite da nosa comunidade impuxéronse nas carreiras raíñas do II XCO Armenteira e Punto. 

Jorge Aguín (Supermercados Froiz) apuntouse a vitoria Elite e Sub-23 por 47 segundos de vantaxe sobre Jorge Pérez (ODL), único sub-23 entre os cinco primeiros. Nunha carreira longa, co gañador cruzando a liña de meta despois de 1 hora 19 minutos e 31 segundos de esforzo, a terceira praza absoluta acadouna Anxo Carril (Coruxo), a 2:30 do biker do Grove. Iván Feijoo (Academia Postal-Maceda) e Luis Fernández Oliveira fixeron cuarto e quinto, respectivamente. Na mesma quenda, Marcos Rodríguez (Academia Postal-Maceda) adxudicouse a proba Júnior. 

imagen

A competición Elite e Sub-23 feminina tamén rexistrou dominio grovense. Lara Lois (Xesteira) estivo a outro nivel distanciándose en máis de 11 minutos da vencedora sub-23 Uxía Soto (Extol-Zambora.es). Cunha volta perdida respecto á primeira clasificada absoluta, Fátima González (Máis Que Bicis) e Yaiza Vila (Creto Bikes) ocuparon o segundo e o terceiro chanzo do podio sub-23. Iris Santana (Coruxo) foi a máis forte entre as júniores. 

Os triunfos no resto de categorías no circuíto do Leixo asináronos Uxía Giráldez (Avanza-O Porriño) e Jorge Martín (Avanza-O Porriño) en Infantil, Jimena Novo (Farto) e Breográn Cutrín (Xesteiras) en Cadete, Carolina Díez (Creto Bikes) e José Luis Pereira (Xesteiras) en Máster-30, Beatriz Vicente (Podium Team) e Samuel Baña (Toxo) en Máster-40, Antonio Rodríguez (Ourense Termal) en Máster-50 e Manuel Bugallo (Biciosos-Rías Baixas) en Máster-60. O premio de mellor equipo da xornada recibiuno o Club de Montaña Xesteiras. 

imagen

Despois do evento organizado polo Armenteira e Punto, este sábado tócalle en Cuntis ao do Xesteiras. Toda a información sobre a Copa Galicia XCO podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO26 e na súa sección dentro desta mesma páxina web.

Clasificación

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
Lara Lois e Jorge Aguín impoñen o seu punto en Armenteira
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es