Este martes celebrouse a presentacion do Campionato de Galicia de Ciclocrós - XVIII CX Castelo de Maceda, proba ademais da Copa Deputacion de Ourense. O evento celebrarase este domingo, día 28, a partir das 10:00 horas, no xa tradicional circuíto do Castelo de Maceda, un trazado dunha lonxitude aproximada de 2.800 metros.
Ao acto de presentacion asistiron representantantes da Xunta de Galicia, da Deputacion de Ourense e do Concello de Maceda, así como Juan Carlos Muñiz, presidente da Federacion Ciclismo Galego, e Xulio Conde, presidente do club organizador, o Clube Ciclista Maceda.