31 DE JULIO DE 2024
A segunda edición do Campus Mini DH by Eva Castro esgotou as 50 prazas dispoñibles, todo un récord para os campamentos organizados pola Federación Ciclismo Galego. Esta convivencia que terá lugar do 15 ao 17 de agosto na Estación de Montaña de Manzaneda ofrece moito máis que tres días de adestramentos e diversión practicando Descenso. A súa programación combina as sesións no Bike Park con actividades deportivas e de lecer nas fantásticas instalacións do complexo ourensá.
Durante as mañás, as rapazas e os rapaces practicarán sobre a bici da man dun grupo de monitores composto por grandes especialistas no DH. Despois de comer e de descansar, realizarase cada día unha actividade diferente: orientación fotográfica, multiaventura e piscina/spa. A táboa de horarios -suxeita a modificacións de última hora- reserva para os seráns as charlas formativas e na primeira xornada está prevista unha ruta nocturna dándolle aos pedais antes de deitarse. O Albergue Queixa será o epicentro desta convivencia.
HORARIOS
Xoves 15
10:30 Recepción + Benvida Albergue Queixa
11:30 Traballo analítico con conos
13:00 Bike Park
14:30 Comida
15:00 Ducha + Descanso
17:00 Actividade (Orientación fotográfica)
19:00 Charla
20:30 Cea
21:30 Ruta nocturna en bicicleta
23:00 Descanso
Venres 16
9:30 Almorzo
10:30 Bike Park
14:30 Comida
15:00 Ducha + Descanso
17:00 Actividade (Multiaventura)
19:00 Charla
20:30 Cea
21:30 Convivencia
23:00 Descanso
Sábado 17
9:30 Almorzo
10:30 Bike Park
14:30 Comida
15:00 Ducha + Descanso
17:00 Actividade (Piscina / Spa)
19:00 Despedida Campus
BTT
BTT
BTT
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es