23 DE JULIO DE 2025
Unha modalidade do ciclismo en auxe contará dende este 2025 co seu Campionato de Galicia. Esa cita histórica chegará o vindeiro 5 de outubre no Gravel Costa do Morte. A segunda edición da proba organizada polo Club Ciclista Monteneme na localidade coruñesa de Carballo coroará ás primeiras campioas e campións da nosa comunidade.
O percorrido será de 54 quilómetros e acumularanse 969 metros de desnivel positivo transitando por corredoiras, camiños e pistas. Esta carreira forma parte dun doble evento porque ese mesmo día se celebra a XXI Marcha Costa da Morte de BTT Maratón.
Dúas semanas antes, o 21 de setembro, disputarase outro desafío para fondistas. O XCM Condado-Paradanta, no sur da provincia de Pontevedra, exerecerá de Campionato de Galicia de Cross Country Maratón. A proba creada pola A.C.D. Sanomedio, e que terá como epicentro o concello das Neves, xa abriu inscricións Fai click nesta ligazón para apuntarte
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es