09 DE OCTUBRE DE 2024
A terceira edición do Campionato do Mundo de Gravel coroou o pasado domingo a Mathieu Van der Poel como novo rei do planeta nesta modalidade. O neerlandés completou os 181 quilómetros, con 1080 metros de desnivel positivo acumulado, por territorio belga nun tempo de 4 horas 41 minutos e 23 segundos. Máis de 50' despois alcanzou a liña de meta Andrés Taboada, o sub-23 verinés que viviu unha experiencia inolvidable no seu debut coa selección española.
"Un soño feito realidade, correr cos mellores do mundo en Bélxica, un país de clásicas!", sinalou o ciclista do Tavfer - Ovos Matinados - Mortágua nas redes sociais do conxunto Continental portugués ao que pertence. Taboada rematou o percorrido entre as localidades de Halle e Leuven no posto 186: "Sabiámos cal era o nivel e grao de esixencia da carreira. Empecei moi atrás, pero conseguín recuperar ata o km 40 e estaba entre os mellores... pero infelizmente non tiven o día que quería. Tiven algúns problemas estomacais, pero conseguín controlalos para terminar o Mundial. E terminei, aínda que non na posición que me gustaría, pero feliz por ter estadol alí!".
Felipe Orts, finalizando 44º, asinou o mellor resultado do cuarteto de España na carreira Elite masculina. Na longa lista de abandonos sobresaen nomes tan célebres como o do mexicano Isaac del Toro, o do belga Eli Iserbyt e o do italiano Daniel Oss. Clasificáronse un total de 195 corredores.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es