Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Andrés Taboada, un dos cinco elixidos pola selección española para o Mundial de Gravel

01 DE OCTUBRE DE 2024

O sub-23 verinés lucirá esta fin de semana as cores do combinado estatal en Bélxica

Andres-Taboada-un-dos-cinco-elixidos-pola-seleccion-espanola-para-o-Mundial-de-Gravel

Segundo clasificado sub-23 o pasado 15 de setembro no Campionato de España de Gravel, Andrés Taboada forma parte da convocatoria do combinado estatal para o Mundial desta emerxente modalidade. O corredor verinés do Tavfer-Ovos Matinados Mortagua estrearase esta fin de semana como internacional en Bélxica. Os outros catro convocados son os elites Felipe Orts, Axel Badía, Juan Ignacio Pérez e Enrique Morcillo.

O percorrido da terceira edición deste Campionato do Mundo atravesará de oeste a leste os bosques de Brabante, dende Halle ata Leuven, para ofrecer carreiras que se prevén rapidísimas, pois se trata dun terreo sen grandes desniveis e favorable a aqueles corredores máis potentes e que destacan pola súa capacidade rodadora. En total, na proba elite masculina efectuarán 181 quilómetros con apenas 1300 metros de desnivel positivo acumulado.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es