03 DE SEPTIEMBRE DE 2020
Foto: Alberto Brevers
O municipio mallorquín de Llucmajor exercerá de escenario dende este venres e ata o domingo do Campionato de España Júnior e Máster de estrada. Nestas tres xornadas de ciclismo a Selección de Galicia contará con once representantes e o primeiro en competir será Miguel Ángel Mera na proba júnior de contra o reloxo indivividual (CRI).
Ao corredor do MMR agárdao este venres pola tarde un percorrido de 21,6 quilómetros. Décimo cuarto o ano pasado na crono do campionato estatal, o santiagués buscará mellor o resultado do 2019 nun terreo ideal para os rodadores. Mera tomará a saída ás 17:36 horas.
As carreiras de fondo das categorías máster disputaranse o sábado, mentres que a Selección de Galicia volverá á acción o domingo. Ás 08:30 horas arrancará a proba en liña feminina júnior con Sabela Rey, Claudia García e Aroa Mediavilla defendendo as cores do combinado autonómico. As participartes terán que completar dúas voltas e media a un circuíto de 33,6 km, que presenta cerca de 400 metros de desnivel acumulado repartidos entre tres zonas de ascenso, sendo a última delas a máis esixente e decisiva
Ese mesmo trazado afrontarán a partir das 11:00 horas os juniors masculinos, dando catro voltas ao circuíto. Mera volverá estar na liña de saída, formando parte nesta ocasión dun bloque de oito corredores no que terá como compañeiros a Manuel Rodríguez, Martín Rey, Ismael Rodríguez, Breogán Diz, Raúl Casalderrey, Gianni Iannelli e Miguel Rodríguez.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es