Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia abre os Campionatos de España Escolares co ouro de María Filgueiras na CRI cadete

30 DE JUNIO DE 2022

Catorce ciclistas da Selección de Breogán participaron nas 'cronos' deste xoves en Valladolid

Galicia-abre-os-Campionatos-de-Espana-Escolares-co-ouro-de-Filgueiras-na-CRI-cadete

Foto: Luz Iglesias

Os Campionatos de España Escolares e o Campionato de España Júnior arrancaron este xoves na localidade vallisoletana de Zaratán e Galicia pisou o chanzo máis alto do caixón cunha das súas corredoras. A betanceira María Filgueiras conquistou a medalla de ouro na Contra o Reloxo Individual (CRI) cadete. Outros trece ciclistas competiron nesta xornada defendendo as cores da Selección de Breogán

Filgueiras rubricou o seu éxito cun tempo de 16 minutos e 22 segundos nun percorrido de 9,8 quilómetros. A representante galega impúxose por 20" de diferenza respecto a Paula Ostiz (Navarra), gañadora esta campaña de todas as probas da Copa de España, e bateu por 59" á terceira clasificada Tania Silvente (Murcia). Sobre a mesma distancia, Alejandro Crende terminou décimo terceiro na proba cadete masculina. 

Na xornada inaugural dos campionatos escolares tamén se disputaron as 'cronos' por equipos (CRE) cadetes. O cuarteto feminino galego -formado por Lara Fuentes, Xiana Camiña, Lucía Ballester e María Cabot- obtivo a sétima posición no circuíto de 9,8 km e o cuarteto masculino do combinado autonómico -Diego López, Iker Rodríguez, Iván Blanco e Brais Pena, ocupou a décimo segunda praza. 

Juniors

Unha vez finalizadas as CRI e CRE cadetes inaugurouse o Campionato de España Júnior póndose en xogo dúas coroas estatais nun trazado de 22,9 km. A contra o reloxo individual feminina resolveuse con Carmen Mallo concluíndo co décimo terceiro mellor rexistro, mentres que Laura Mira asinou o vixésimo primeiro. En canto aos xuvenís masculinos, Sergio Calvo rematou décimo noveno e Ricardo Buba, trixésimo terceiro. 

Tras a súa estrea, o campionato júnior non regresará a escena ata o domingo e o escolar continuará este venres coas probas de estrada en liña. Pola mañá será a quenda das categorías cadetes e pola tarde das infantís. 

 Máis información e clasificacións Cadetes

Máis información e clasificacións Juniors

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es