26 DE ENERO DE 2026
A primeira temporada de ciclocrós como corredora Sub-23 de Lorena Patiño terá como último capítulo o Mundial. A vixente campioa estatal da súa categoría será a única representante de España na carreira que se disputará o vindeiro domingo, 1 de febreiro, ás 13:10 horas na localidade neerlandesa de Hulst. Noutro circuíto dos Países Baixos, a marinense participou este domingo na proba final da Copa do Mundo.
Competindo xunto a corredoras Elite, a ciclista galega clasificouse 49ª en Hoogerheide, a 4 minutos e 53 segundos da gañadora, a neerlandesa Puck Pieterse (Fenix-Premier Tech). O resultado de Lorena Patiño coa selección española foi similar ao do domingo anterior coas cores do Misser Project en Benidorm, onde rematou 48ª. Esta dobre experiencia na Copa do Mundo serviulle como preparación para o Mundial.

O seleccionador español Javier Ruiz de Larrinaga só incluíu a unha Sub-23 na convocatoria formada por 13 ciclocrosistas para a cita de Hulst, que arranca este venres ás 13:35 horas coa competición Team Relay. Este Campionato do Mundo será o terceiro de Lorena Patiño nesta modalidade. Na súa etapa como júnior a ciclista de Marín obtivo a 24ª praza en Tábor 2024 e a 11ª en Liévin 2025.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es