01 DE MARZO DE 2022
A primavera e o inicio do verán presentan un calendario do máis esixente para os especialistas autonómicos no Cross Country Olímpico. En pouco máis de tres meses celebraranse as nove probas que compoñen a Copa Galicia XCO 2022. Un certame que combina citas clásicas do panorama autonómico con outras que se van consolidando e cunha estrea.
O mes de abril será o máis intenso con catro eventos. A Copa arrancará o domingo 3 de abril coa novena edición do Trofeo BTT Rallie Cidade de Ferrol, continuará na provincia da Coruña co V XCO Caimanes en Betanzos o domingo 9 de abril e na segunda quincena trasladarase ao sur da provincia de Pontevedra: o II Trofeo XCO Concello do Porriño está fixado para o domingo 17 e o IV Trofeo BTT-XCO Grupeta Pan de Zarko terá como escenario A Cañiza o sábado 23.
Tras dúas fins de semana de paréntese, a Copa regresará o sábado 14 de maio cun debut no calendario autonómico. O Team Bike Outeiro de Rei organiza o primeiro XCO Penas de Rodas. Dunha estrea na provincia de Lugo pasarase á proba decana do Cross Country Olímpico galego coa disputa o sábado 28 de maio en terras coruñesas do XXI Gran Premio Concello de Cambre de BTT.
Antes de que conclúa a primavera entrarase na recta final da Copa con dous sábados de competición en xuño. O día 11 será a quenda do IV XCO Concello de Oroso e unha semana máis tarde, do Xaxanbike 22 en Marín. A clausura do certame autonómico chegará o sábado 9 de xullo, ao igual que aconteceu o pasado ano, realizarase en Ribadumia co II XCO Kiwi Atlántico.
CALENDARIO
3/04 Trofeo BTT Rallie Cidade de Ferrol - Ferrol C.C.
09/04 XCO Caimanes - Caimanes Betanzos, C. BTT
17/04 Trofeo XCO Concello do Porriño - Avanza, A.D.
23/04 Trofeo BTT-XCO Grupeta Pan de Zarko - Grupeta Pan de Zarko C.
14/05 XCO Penas de Rodas - Team Bike Outeiro de Rei C.
28/05 Gran Premio Concello de Cambre de BTT - Cambre C.C.
11/06 XCO Concello de Oroso - Tambre Bike C.C.
18/06 Xaxanbike 22 - XSM, C.C.
9/07 XCO Kiwi Atlántico - Ribadumia C.C.
EVENTOS
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es