27 DE ABRIL DE 2023
O peche da Copa de España XCO Cofidis 2023 é a proba elixida pola Selección de Galicia da especialidade olímpica do BTT para abrir o seu calendario de competicións. O combinado da Federación Ciclismo Galego (FCG) disputará este domingo o Gran Premio Sabiñánigo con corredoras e corredores cadetes e juniors.
O seleccionador Alberto del Río confeccionou unha lista de dez bikers, composta por cinco mozas e cinco mozos, para viaxar ao circuíto oscense, onde a mediados de xullo se celebrará o Campionato de España de Cross Country Olímpico. A cita deste domingo servirá como ensaio e toma de contacto co trazado no que se porán en xogo os títulos estatais o vindeiro verán. A convocatoria da Selección de Breogán é a seguinte:
CADETE F
Lara Pita Pena (Cambre, C.C)
Lorena Patiño Villanueva (XSM, C.C.)
CADETE M
Marcos Rodríguez Nogueira (Carballiño, C.C.)
Xián Alvariño Rodríguez (Lynalfal-Ponteareas, C.C.)
JUNIOR F
Aroa Otero Estévez (Supermercados Froiz, G.D.)
Marta Estévez Alonso (XSM, C. C.)
Uxía Soto Álvarez (Supermercados Froiz, G.D.)
JUNIOR M
Martín Díaz Gómez (Caimanes Betanzos, C. BTT)
Martín Sestelo Solla (Avanza-Porriño, A.D.)
Tomás Pombo Álvarez (Padronés C.C.)
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es