05 DE ENERO DE 2024
A conta atrás para a competición dos 180 minutos está a piques de rematar. O domingo 14 de xaneiro arranca a terceira edición da Copa Galicia BTT 3h Resitencia do 2024. O certame invernal no calendario da Federación Ciclismo Galego (FCG) consolídase e volve constar de cinco probas por segundo ano consecutivo.
Non haberá tregua para o pelotón biker do noso ciclismo. Cinco domingos, cinco eventos en menos dun mes. A apertura da Copa terá como anfitrión ao C. BTT O Treito en Lousame, onde o ano pasado se disputou o Campionato de Galicia desta especialidade. O prazo para inscribirse na apertura da temporada remata o vindeiro mércores. Apúntate a través desta ligazón
As catro primeiras citas concéntranse na provincia da Coruña. O 21 de xaneiro chegará a quenda da xornada organizada pola P.C. Toxo en Noia, o 28 de xaneiro é a data reservada para a carreira do C.C. Muros e o 4 de febreiro Camariñas acollerá a proba da P.C. Baikers do Vilán. Para a coroación das súas gañadoras e dos seus gañadores, a primeira Copa Galicia do 2024 trasladarase a terras pontevedresas e o seu colofón terá como escenario o 11 de febreiro a capital da Ría de Arousa. Da man do C. Arousa Bike BTT estréase no calendario a 3H Resistencia Vilagarcía.
Este certame ofrece dúas posibilidades para participar. Pódese competir de xeito individual nas categorías Elite, Sub23, Júnior e Máster-30-40-50-60 ou por parellas masculinas, femininas, mixtas e cadetes.
Toda a información sobre a Copa Galicia BTT 3h Resistencia podes atopala na súa páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaR24
CALENDARIO
14/1 3 Horas Resistencia Lousame - BTT O Treito C.
21/1 3H BTT Noia - Toxo P.C.
28/1 3H BTT Resistencia Concello de Muros - Muros C.C.
04/2 3 Horas Resistencia Concello de Camariñas - Baikers do Vilán P.C.
11/2 3H Resistencia Vilagarcía - Arousa Bike BTT C.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es