Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Calendario 2025 da Copa Galicia e do Campionato de 3h Resistencia

26 DE SEPTIEMBRE DE 2024

O certame arrancará o 19 de xaneiro e volverá constar de cinco eventos. As coroas autonómicas disputaranse o 23 de febreiro en Muros

Calendario-2025-da-Copa-Galicia-e-do-Campionato-de-3h-Resistencia

Foto: Luz Iglesias

A 3h Resistencia abrirá no 2025 por cuarto ano consecutivo o calendario de probas competitivas de BTT da Federación Ciclismo Galego. Cos mesmos seis escenarios que o pasado inverno, a dobre variación consiste en que Muros acollerá o Campionato de Galicia, o 23 de febreiro, e Narón regresa á Copa despois de ter repartido neste 2024 as coroas autonómicas. O espectáculo dos 180 minutos arranca o 19 de xaneiro.  

 

CALENDARIO

COPA GALICIA

19/1 3 Horas Resistencia Lousame - BTT O Treito C.

26/1 3H BTT Noia - Toxo P.C. 

2/2 3 Horas Resistencia Concello de Camariñas - Baikers do Vilán P.C. 

9/2 3H Resistencia Vilagarcía - Arousa Bike BTT C.

16/2 IV Resitencia BTT Cidade de Narón - Narón C.C.

 

CAMPIONATO DE GALICIA

23/2 3H BTT Resistencia Concello de Muros - Muros C.C. 

 

Toda a información sobre a Copa Galicia 3h Resistencia podes atopala na súa sección dentro desta páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaR25

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es