16 DE JULIO DE 2021
A Copa das Nacións Sub23 da UCI vivirá este vindeiro luns 19 e martes 20 de xullo a terceira proba do seu calendario 2021 coa celebración da proba francesa l'Etoil d'Or. Esta ronda, composta por tres parciais, contará no seu pelotón cun galego defendendo o maillot da selección española. Carlos Canal forma parte da lista de seis corredores confeccionada polos técnicos da RFEF.
O limiao do Burgos BH compartirá equipo con Xabier Mikel Azparren, Enekoitz Azparren, Sergio Trueba, Javier Serrano e Francesc Bennassar. Esta cita exerce de antesala do Tour do Porvir e o seu pelotón estará integrado por 29 formacións.
L'Etoil de'Or dará comezou o luns ás 08:30 horas cunha contra o reloxo de 9,6 quilómetros con inicio e final en Pouligny-Saint-Pierre. Ese mesmo día disputarase un segundo parcial, a partir dasa 14:30 horas, que conterá 141 km de lonxitude e se resolverá nun circuíto final de 11 km ao que se darán catro voltas.
A competición pecharase o martes cunha tirada de 181 km que presentará un perfil algo máis quebrado e esixente na súa primeira metade, pero que se decidirá nun circuíto de 15,5 km ao que se efectuarán tres xiros e que semella non contar coa dureza suficiente para rachar o pelotón.
Screenshot_2021-07-16-17-59-36-462_com.instagram.android.jpg
CARRETERA
CARRETERA
FORMACIÓN
CARRETERA
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es