29 DE OCTUBRE DE 2021
A vindeira primavera o BTT español terá a Galicia como un dos seus puntos de referencia. A nosa comunidade acollerá entre o mes de abril e o de xuño un Campionato e tres citas das Copas estatais. Estes catro eventos forman parte dos calendarios aprobados pola Comisión Delegada da RFEC na súa última xuntanza.
A Lalín Bike Race repite por segundo ano consecutivo como Campionato de España. Se neste 2021 puxéronse en xogo as camisolas 'rojigualdas' do XC Maratón, no 2022 a comarca do Deza será o escenario da loita polas coroas do XC Ultramaratón. O desafío organizado polo Extol MTB Team e o Montes do Deza celebrarase o 22 de maio.
Case un mes despois, o 18 de xuño, os especialistas nas longas distancias terán outro reto na nosa comunidade. Da man do Club Ciclista Monteneme, o Ultramaratón Costa da Morte estréase no calendario dos certames españois, que dende o vindeiro ano abandonan a denominación de “Open” para establecerse como Copas. A proba de Carballo será a segunda das catro que compoñen o circuíto do XCUM.
Como eventos de ámbito estatal continúan dous Enduros galegos. O Endurrazo pechou este ano o Open e a cita do THC Bike será o vindeiro 8 de maio a segunda xornada da Copa. Este certame non se moverá de Galicia despois de pasar por Moaña porque o 29 de maio vivirá o seu terceiro e penúltimo capítulo na Montefaro Enduro Race do Pulpeiros Mugardos, que o pasado mes de xuño exerceu de Campionato de España nos municipios de Mugardos e Ares.
Calendario Campionatos de España
BTT
BTT
BTT
FORMACIÓN
BMX
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es